Eleccións : Palabra chave

2025 project

Os dilemas das eleccións estadounidenses

Apartados xeográficos Estados Unidos

Vibrante democracia ou circo electoral? e canto de cada cousa? A única certeza que temos a día de hoxe é a retirada efectiva de Joe Biden e o incremento das expectativas de Donald Trump tralo intento de asasinato, que xa antes non eran baixas. No debate da sucesión demócrata, poucas ideas sobre a mesa e moita folla de cálculo para reflectir os apoios monetarios. Kamala Harris pode presumir dunha cifra récord de 81 millóns de dólares en doazóns para a súa campaña nas 24 horas posteriores á renuncia de Biden. Só esta dinámica explica que outros nomes cun perfil diferente nin sequera sexan considerados. A vicepresidenta Kamala Harris, antes descualificada por desempeñar un mandato eminentemente gris, é elevada agora aos altares polo coro mediático global como a última esperanza da democracia estadounidense.

the economist elections 2024

O 2024, un ano electoral global

En novembro do 2023 un especial do semanario inglés The Economist identificaba o 2024 como o ano electoral máis importante da historia. Preto de 3.400 millóns de persoas poderían votar en eleccións nacionais en 73 países. Se a estas cifras estatais, agregamos as eleccións municipais e rexionais (como Brasil ou Turquía), superaríanse os 4.200 millóns de persoas como potenciais votantes, superando a metade da poboación do planeta. A polarización e o auxe da extrema dereita son os prognósticos maioritarios na inmensa maioría de procesos electorais.

Retrato do Primeiro Ministro Rishi Sunak Wikimedia, Prime Minister's Office

Que pasará nas eleicións do Reino Unido?

Ninguén esperaba que estas eleicións se convocaran agora, no vran, dado que o goberno Conservador non ten nada que festexar e que o Primeiro Ministro, Rishi Sunak, é do mais impopular. Din que o Sunak as convocou sen consultar con ninguén. Sería por medo a que o seu partido, de puro desespero, escollera a outro para remprazalo?

Fonte: Wikimedia

Eleccións lexislativas de Francia: Os riscos das eleccións máis próximas a uns xogos olímpicos no último seculo

Francia acudirá ás urnas a menos de tres semanas da Cerimonia de Inauguración dos Xogos Olímpicos de París 2024. Isto é un feito histórico, sendo a ocasión que máis preto
coinciden uns comicios do evento de verán en 100 anos, dende que se solaparan co transcurso do torneo, casualmente no mesmo país, en París 1924. Porén, a magnitude do
evento deportivo actual non ten nada que ver con aquel, aínda amateur. Súmase, por tanto, un reto máis á cita Olímpica que, a pesares de que non debería afectar en termos organizativos, é moi probable que teñan impactos significativos na promoción dos Xogos e o turismo, na mobilización social, ou na súa imaxe e lexitimidade no exterior.

IGADI Annual Report 2023-2024: Eleccións e Guerras perfilando a multipolaridade

Os extremistas xa son o establishment

Apartados xeográficos Estados Unidos

Hai catro anos no IGADI Annual Report escribín sobre a crecente sombra da democracia iliberal en dez países e o perigo mundial do retroceso democrático, exacerbados pola Pandemia. Como prefacio ao presente análise de ambos temas en Estados Unidos, cito, con pequenos matices, as miñas palabras do ano 2020: «As normas e as institucións democráticas existen para salvarnos dos políticos, tanto de dereitas como de esquerdas, que agora máis que nunca xa non teñen medo de usurpalas abertamente, erosionando a democracia liberal…»