Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán

Profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica. Director de Murguía, Revista Galega de Historia desde a súa fundación en 2003.

Doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona (no marco do programa de excelencia “Societat i Cultura”), ten centrado as súas principais pesquisas en Historia Política e Movimentos Sociais, centrando a súa atención na historia do nacionalismo galego, así como na Didáctica da Historia.

Entre as súas obras destacan libros como A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto (Fundación Alexandre Bóveda, 2002); Álvaro de las Casas. Biografía e Documentos (Galaxia, 2003); Alexandre Bóveda nos seus documentos (Difusora, 2011) ou Nacionalismo galego aquén e alén mar (Laiovento, 2015); coordinando obras como A Galiza de Bóveda (Difusora, 2009) ou As Irmandades da Fala (1916-1931). Reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural (Laiovento, 2016), para alén de outras obras.