Galanes Santos, Iolanda

Doutora en Filoloxía Galega (1999) con estudos de posgrao na Université de Laval (Quebec, Canadá) e estadía posdoutoral no Observatoire linguistique Sens-Texte de l´Université de Montréal. Conta con experiencia profesional en tradución e revisión editorial (Escola Galega de Administración Pública etc.) e como documentalista no Consello da Cultura Galega.

As súas liñas de investigación son a Terminoloxía, con investigación e participación en dicionarios internacionais, e a Tradución literaria e editorial, na que participa de BITRAGA (Catálogo Virtual da Tradución Gallega) desde os seus inicios en 2004 e analiza las relacións interliterarias a través da tradución como coeditora de: Promoción cultural y Traduccción (Peter Lang, 2021); La traducción literaria. Nuevas investigaciones (Comares, 2016); Literaturas extranjeras y desarrollo cultural (Peter Lang, 2015) e Traducción de una cultura emergente (Peter Lang, 2012). Colaborou no Diccionario Histórico de la Traducción en España e en ENTI, Enciclopedia de Traudución e Interpretación de AIETI.

Ademais de participar periodicamente en congresos e publicar artigos e monografías, é autora de varios dicionarios especializados. É responsable da liña de Terminoloxía e terminografía de Bifega e foi investigadora principal dun proxecto de cooperación interuniversitaria co Observatório de Neologia do Português Contemporâneo da U. de São Paulo e outras universidades brasileiras. Fai parte do Consello de Redacción da revista do IGADI Tempo Exterior.