A tenaza magrebí

A perspectiva de afianzar un réxime de pretorianismo militar en Exipto e Libia certifica as tentativas occidentais por desmontar a Primavera árabe. En ambos casos, o obxectivo cífrase en sepultar calquera aspiración reaccionaria contra status quo instaurado tanto no Exipto post-golpe contra a Irmandade Musulmá e na anárquica Libia post-Gadafi.

Apartados xeográficos Oriente Medio
Palabras chave Exipto Libia Magreb
Idiomas Galego

A perspectiva de afianzar un réxime de pretorianismo militar en Exipto e Libia certifica as tentativas occidentais por desmontar a Primavera árabe. En ambos casos, o obxectivo cífrase en sepultar calquera aspiración reaccionaria contra status quo instaurado tanto no Exipto post-golpe contra a Irmandade Musulmá e na anárquica Libia post-Gadafi.

Compre por tanto observar cómo a recente elección presidencial exipcia serviu como paripé fundamentada na necesidade, tanto estadounidense como israelí, por “lexitimar” democraticamente ao xeneral golpista Fatah al Sissi. Esta elección avala a estratexia de acoso e derrube impulsada desde mediados de 2013 por al Sissi e o estamento militar contra a Irmandade Musulmá, así como a “domesticación” de demais movementos políticos que contribuíron coa caída do ex presidente Hosni Mubarak en 2011.  

No caso libio, a perspectiva é mais preocupante tomando a cruenta anarquía política actualmente existente, o cal intensifica a imperiosa necesidade de Washington de atopar un actor idóneo para fundamentar os seus intereses. Trala caída de Gadafi a finais de 2011, EUA a penas logrou vertebrar unha estrutura de alianzas capacitada para garantir un mínimo de estabilidade, toda vez os apetecidos recursos petrolíferos libios vense limitados na súa exportación, alcanzando na actualidade tan só 250.000 barrís diarios, moi distante do 1.5 millóns de b/d establecidos durante os anos de Gadafi no poder.

A confusa acción militar acaecida a mediados de maio por parte do xeneral Khalifa Haftar, atacando diversos bastións islamitas en Bengasi así como o propio Parlamento libio, depara a eventualidade de que Washington estea apoiando unha especie de golpe militar en Libia, a fin de procrear unha especie de cordón sanitario contra o islamismo e demais forzas opositoras no Magreb. Un escenario onde o Exipto de al Sissi pode servir de apoio militar, político e loxístico.

Haftar, un opositor a Gadafi con cidadanía estadounidense e fluídos vínculos coa CIA, aparece subitamente como un actor político e militar decisivo para Washington, non sen menoscabar os intereses doutros aliados Emiratos Árabes Unidos e Arabia Saudita así como os militares exipcios, aparentemente persuadidos a fomentar en Libia outro golpe militar contra os movementos islamitas no Magreb como o acontecido en xullo de 2013 contra o entón presidente Mohammed Morsi e a Irmandade Musulmá exipcia.

En perspectiva, Washington e os seus aliados árabes, sen menoscabar o beneplácito israelí, tentan procrear en Exipto e Libia esa punta de lanza orientada a desarticular as redes de conexión dos movementos islamitas no Magreb, así como doutras forzas políticas reaccionarias contra o “novo” status quo. Esta persuasión vese retroalimentada polo clima anarquía e de violencia en Libia, amparada pola masiva presenza de centenares de grupos armados e miles de combatentes absolutamente fora da lei, razón pola que Washington e os seus aliados esperan fortalecer a un Haftar convencido de reproducir en Libia o golpe exipcio de al Sissi.  

Estes imperativos xeopolíticos de Washington no Magreb, con Exipto como punta de lanza á espera de concretar un escenario similar na anárquica Libia, cobran igualmente forma ante o fait accompli establecido pola consolidación e “lexitimación” do réxime de Bashar al Asad en Siria, fundamentada nas eleccións presidenciais desta semana. Tras catro anos de atroz guerra civil que fragmentaron Siria, Washington vese persuadido a aceptar o fracaso duns rebeldes sirios desarticulados e divididos, incluso defenestrados nos seus apoios exteriores, en particular de Arabia Saudita, Emiratos Árabes, Catar e Turquía.