Incerto Oriente Medio

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego

O peor que podería pasar hoxe en Exipto é que se repitan os errores do pasado:  o de Eisenhover, en 1956, opoñéndose á acción conxunta de Inglaterra e Francia contra  Nasser e o de Carter, en 1979, deixando caer o sha para que logo fose substituído polo réxime dos aiatolás. Supoñemos que Obama terá a lección ben aprendida.

A prensa europea parece terse posto de acordo en que a Irmandade Musulmá esta ausente das revoltas destes días. Pero a anglosaxona ou é máis sutil ou é máis obsesiva: nestes días, ese movemento estivo presente na Praza Tahir, ou da Liberación, xunto con outros pequenos grupos de activistas, así como tamén os partidarios de Mohamed al Baradei.

A BBC de Londres informa de que se incrementa a presenza dos “islamitas” e dos partidarios da Irmandade Musulmá. E sinalan, tanto a BBC como a CNN, e tamén Al Iazira, que moitos manifestantes están orando na Praza Tahir, cando nas primeiras concentracións só algúns se uniron aos que o facían.

En calquera caso é preocupante ter presente, nesas circunstancias, que polo Canal e Suez pasan 15.000 buques ao ano e o 2,5 por 100 do petróleo que se consume en todo o mundo, e que variar ese transporte por África suporía nove mil quilómetros máis por cada viaxe, co incalculable incremento dos custos.            .

En resume, non me creo as informacións que apartan á Irmandade Musulmá dos acontecementos, nin tampouco a un alto dirixente destes, Issam al-Ayran, que dixo que queren un Estado civil, democrático, cun sistema parlamentario, con liberdade para formar partidos, liberdade de prensa e un poder xudicial independente e xusto.

Confiemos que Obama non nos leve dereitos a outro Irán.