20071028baaqouba arresto iraquies soldados eeuu

Negras páxinas

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Soldados de EEUU arrestan iraquíes en Baquba, clic para aumentar
Hai dous terrorismos: os que están vencellados ás milicias xiitas de partidos pro iranios e aliados dos EEUU, que son os que están no Goberno, e os de Al Qaeda, infiltrados por Irán. (Foto: Soldados de EEUU arrestan iraquíes en Baquba o 28 de outubro de 2007).
 

Nunhas manifestacións a "La Vanguardia", o responsable da resistencia iraquí vén confirmar o que por outros camiños se sabía: que a resistencia condena o terrorismo, que refuga o asasinato de iraquís, que loita polos dereitos do pobo iraquí.

E, á par, que o terrorismo veu coa invasión, pois antes dela non había Al Qaeda, nin milicias, nin escuadróns da morte, nin asasinatos, nin secuestros. A actual destrución de infraestruturas, roubo de diñeiro, enfrontamentos sectarios, todo é produto da ocupación.

Hai dous terrorismos: os que están vencellados ás milicias xiitas de partidos pro iranios e aliados dos EEUU, que son os que están no Goberno, e os de Al Qaeda, infiltrados por Irán. Na resistencia, ademais, militan xuntos kurdos, árabes e turcománs; cristiáns, sunnitas e xiitas.

O que nada ten que ver co que cada día nos trata de debuxar a prensa dominada polos ocupantes e polo lobby israelí dos EEUU. E explica mellor o que pensamos que en realidade está pasando naquel asoballado país. Pois a imaxe que nos transmiten os primeiros é dunha tolería sen sentido e non cadra co que sabemos sobre a pacífica convivencia entre as distintas confesións iraquís, feito do que non temos dúbidas.

Ten moito sentido o que di Abu Mohamed, nome de guerra do responsable da resistencia, de que Bush humillou aos EEUU no Iraq. É certo, pero eu aínda diría máis: que a humillada foi toda a especie humana, como se a forzase a recuar na súa evolución cultural.