20071126whitehouse george bush e nouri al maliki

O documento da venda

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Nouri al-Maliki e George Bush, clic para aumentar
A farsa segue desta maneira: o invasor declárase disposto a "apoiar o desenvolvemento do Iraq en varios campos económicos, o que inclúe a súa capacidade produtiva, e a axuda na súa transición cara unha economía de mercado". Todos sabemos en que consiste a principal, senón a única, capacidade produtiva do país mesopotámico. (Foto: George Bush, reunido por teleconferencia con Nouri al-Maliki (esquerda) o 26 de novembro de 2007, asina a declaración de principios para unha relación de cooperación e amizade a longo prazo entre Iraq e EEUU. ©Eric Draper/White House).
 

Permitímonos recomendar a lectura do documento da venda do Iraq a EEUU, a que xa fixemos referencia no noso artigo da semana pasada. Pode lerse en www.whitheouse.gov, ou, traducido, no portal www.rebelion.org. Despois do dito na outra semana, e logo da recomendación que deixo feita, vale a pena transcribir algúns dos seus parágrafos.

O país invasor declara estar disposto á defensa do sistema democrático do Iraq "contra as ameazas internas e externas", ademais de "cooperar cos Estados da rexión sobre a base do respecto mutuo, a non intervención nos asuntos internos, o refugo do uso da violencia …". Ou sexa, o invasor non foi nin é unha ameaza externa, respectou o país e os seus habitantes e non fixo uso da violencia.

A farsa segue desta maneira: o invasor declárase disposto a "apoiar o desenvolvemento do Iraq en varios campos económicos, o que inclúe a súa capacidade produtiva, e a axuda na súa transición cara unha economía de mercado". Todos sabemos en que consiste a principal, senón a única, capacidade produtiva do país mesopotámico.

O invasor axudará ao Iraq para que as súas forzas de seguridade poidan disuadir "de agresións estranxeiras… que violen a soberanía e integridade dos seus territorios, das súas augas e do seu espazo aéreo".

Poderiamos seguir, pero preferimos que os que teñan interese o lean na rede: nin o máis mínimo esforzo por disimular a vergonza colaboracionista das autoridades impostas polo invasor neste documento de compravenda do país. Unha verdadeira vergonza. Para os que a teñan.