20080405 zagreb condoleezza rice

Relixión na política

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego
 Condoleezza Rice; clic para aumentar
Condoleezza Rice dirixiuse á Convención Anual da Igrexa dos Bautistas do Sur, en xullo de 2006, a título persoal e como secretaria de Estado, mantendo que estes tempos son de proba e os cristiáns teñen que reafirmar a súa fe en Cristo antes de que el veña a elevalos á súa gloria.
 

É un feito o peso que a relixión colleu na política, aínda en países con sociedades avanzadas, como poden ser os EEUU e Francia. Os dous países teñen normas constitucionais que garanten o laicismo, a separación do Estado e da Igrexa, a liberdade de ter calquera crenza ou ningunha.

Pero hoxe nos dous países gobernan xentes sectarias que están dispostas a ignorar aquelas normas para se comportaren non só como verdadeiros apoloxetas das súas crenzas, senón como abandeirados destas fronte ao laicismo. Unha novidade que calquera día pode entrar na nosa casa.

Así, Condoleezza Rice dirixiuse á Convención Anual da Igrexa dos Bautistas do Sur, en xullo de 2006, a título persoal e como secretaria de Estado, mantendo que estes tempos son de proba e os cristiáns teñen que reafirmar a súa fe en Cristo antes de que el veña a elevalos á súa gloria.

Aínda máis: definiu a misión dos EEUU no plano divino, misión que constitúe o obxecto da súa acción diplomática e militar. "Debemos guiar ao mundo "dixo" ou debemos retirarnos del?". E tamén: "Se non é América, quen unirá as demais nacións á conciencia da defensa internacional da liberdade de relixión?".

Na culta Francia, o seu actual presidente chegou a poñer ao cura por riba do mestre, a atacar directamente o laicismo e a rirse do estado de dereito. O primeiro que un pensa é que se tal cousa pasa xa en Francia, calquera día o efecto dominó chega a nós.

Tantos séculos de loitas e de dolorosos avances das nosas sociedades poden estar moi seriamente ameazados. O perigo está ben á vista.