Mozambique e a Unión Africana

O presidente de Mozambique, Joaquim Chissano, mostrouse moi optimista coa creación da Nova Parcela para o Desenvolvemento Africano, NEPAD. Segundo o mandatario mozambicano este é un xeito de canalizar a responsabilidade que o continente ten de conducir o seu propio desenvolvemento.

No segundo cumio da organización, celebrado na capital de Mozambique, Maputo, tratáronse ademáis outros aspectos claves coma o bo goberno, a democracia, a paz e a estabilidade…

Esto fixo que se chegara a unha situación de consenso na que todos aceptaban e tomaban conciencia da importancia extrema que a solución dos conflictos que azotan ó continente ten no futuro da rexión. Nin as actividades da NEPAD ni ningún outro obxectivo encamiñado ó desenvolvemento africano poderán ser alcanzados sen lograr a pacificación da zona.

Chissano comprometeuse mentres el sexa presidente da Unión Africana a entablar relacións país por país para facilitar o compromiso e o acordo en todo o grupo.

O tema da violencia provocou fortes debates no seno do cumio. Os conflictos na República Democrática do Congo, Liberia, Serra Leona, Burundi, Cote d´Ivoire…, fixeron que os representantes reunidos consideraran moi seriamente a creación dunha forza de pacificación africana, sen embargo, este tema será tratado de xeito más amplo nun cumio extraordinario.

Aproveitouse este foro para presentar o informe do desenvolvemento humano presentado por Nacións Unidas. No informe anual presentado na sesión de apertura da asemblea de xefes de estado e de goberno da Unión Africana cada vez parecen máis ambiciosos aqueles obxectivos fixados para o 2015 xa que o cadro de Africa é severo, un de cada 6 nenos morre antes de cumplir os 5 anos. Nembargantes hai exemplos esperanzadores.

Evidentemente o bo goberno e a apertura dos mercados son elementos claves para axudar ó desenvolvemento dos países, pero ademáis hai aspectos tales coma o aillamento xeográfico, a falla de diversificación das economías , o conflicto e a degradación do sólo que se converten en desvantaxes estructurais, sen exculpar por suposto a falta de implicación e a reducción das axudas dos países ricos durante a década pasada.

Mozambique tamén foi felicitado dende o Fondo Monetario Internacional, poñendo ó seu presidente coma un exemplo de loita contra a pobreza, cun programa de reducción da mesma moi exitoso, estas alabanzas do representante do FMI, Horst Kohler que apuntaba ó crecemento do emprego como novo obxectivo a alacanzar para Mozambique queren servir de estímulo para outros países, omitindo evidente e interesadamente as eivas da aplicación dalgunhas das medidas que este organismo impón.