LuziaOca 500x500 1

Oca González, Luzía

É doutora en Antropoloxía pola USC desde o ano 2013, e Profesora Axudante Doutora na Universidade de Santiago de Compostela, tras unha experiencia de 19 anos como docente e investigadora na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, en Portugal. Investigadora integrada no IDEGA, dedicou unha longa investigación á comunidade caboverdiana de Burela, que iniciou en 1998, como coordinadora das intervencións pioneiras con esta comunidade. Leva indo e vindo do arquipélago dende 2000, tendo residido na illa de Santiago entre 2007 e 2009, como expatriada a cargo de proxectos de cooperación internacional con mulleres do municipio de Ribeira Grande de Santiago, onde continua desenvolvendo diversos proxectos.