Entrevista a Mario Naranjo, Coordinación de Recuperación e Conservación do Patrimonio Cultural do Ministerio de Economía e Finanzas da Nación Arxentina
Óleo de 1945 pintado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Buenos Aires

Especial Novas cidadanías: Votar e moito máis (VI) “A derradeira leición do mestre”, exposición récord e bomba simbólica no debate sobre o voto exterior.

A obra pintada por Castelao para denunciar a barbarie e conservada en Buenos Aires polos exiliados, marcou un fito na historia da arte coa súa exposición temporal no museo de Pontevedra e aviva o debate da memoria democrática. Fai unhas semanas asomámonos á imbricación da arte na identidade e na cidadanía...
Liñas de investigación Diáspora Observatory
Apartados xeográficos Foreign action of Galicia

Co sorriso aínda nos beizos polo éxito da mostra de “A derradeira Leición do mestre” de Alfonso Castelao no Museo de Pontevedra, onde 26.376 visitantes se achegaron a vela entre xuño e setembro, cómpre mirar máis alá. Neste contexto no que se están a cuestionar os dereitos máis básicos dos descendentes dos exiliados a participar nas decisións que os afectan, o lenzo que “o guieiro” pintou para o Centro Ourensán de Buenos Aires en homenaxe ao seu amigo Alexandre Bóveda, asasinado pola represión franquista, regresa ao Centro Galicia de Buenos Aires onde tamén se está a traballar para a conservación dos bens bibliográficos e de varios murais de Luis Seoane.

A súa segunda viaxe a Galicia constituíu un fito na historia da arte contemporánea con récords de asistencia e consolídao como unha peza fundamental da memoria e da identidade do pobo galego. ¿Sería a historia de Galicia e da súa arte igual se non se tivese conservado? Pensamos que non. Esta obra é exemplo perfecto do poder da arte para a creación, como exorcismo, como testemuña e como peza de identidade cultural e política. A súa mensaxe de denuncia convertese hoxe tamén unha bomba simbólica no debate sobre a restrición do dereito a voto dos descendentes dos exiliados e debería activar aínda máis a reflexión.

Neste exercicio que estamos a facer de repensar as identidades destas cidadanías galegas, españolas, que habitan no resto do mundo e que son herdeiros daquelas mulleres e homes que axudaron a construír o país desde outras latitude, preguntámonos hai algunhas semanas sobre a arte e a súa conservación. Con esta idea entrevistamos ao Profesor Mario Naranjo, Mestre en Patrimonio Artístico e Cultural, posgraduado internacional en xestión e política en Cultura e Comunicación e actual Coordinador de recuperación e conservación do Patrimonio Cultural do Ministerio de Economía e Finanzas da Nación Arxentina.

P. Vostede é especialista en identidade, arte e patrimonio e que cree que influencia ten a arte galega e española na identidade arxentina desde esta perspectiva?

Hai unhas raíces importantísimas en canto, non só á identidade, senón ao sentido de pertenza que hai deses bens culturais, arte. O home, en si, como o considera Humberto Eco, ten inquietudes, hábitos e sobre todo a necesidade de expresarse en relación co seu sentido de pertenza que o leva a determinar certa identidade. Neste caso, a arte plástica, todo o que ten que ver cos bens culturais e, sobre todo, na década do 30 e do 40, onde había certas tendencias en relación á identidade do noso país, polo que había moitas correntes migratorias, a diversidade de identidade conformaba en si mesma a súa propia matriz uniforme de distintas correntes sobre unha identidade que era a identidade arxentina.

P. Cal era a identidade arxentina no que respecta aos bens culturais?

E estaba moi influenciada por artistas europeos, pero tiñamos o noso Quinquela Martín, Fernando Fader, Pío Colibadino, que aínda que era descendente de italiano, era como que lle daban esa identidade e hoxe en día máis que nada co tema do mundial está sobre a pel o que significa ser arxentino. Entón nos bens culturais e do patrimonio cultural é exactamente o mesmo. Hai artistas que son propias do noso país. Paisaxes, teñen que ver máis que nada coa xeografía do noso país ou os costumes propias. Por iso temos patrimonio cultural que é da humanidade que fan á nosa identidade. Tango, hai distintos elementos que conformaron e que foron declarados para o mundial da humanidade. Que quero significar con isto? Que na arte tamén hai unha identidade arxentina e un sentido de pertenza e sobre todo os organismos públicos que foron o espertar do desenvolvemento de cada 30 ou 40 do que vai ser non soamente o desenvolvemento industrial senón social e cultural do noso país. Entón hai bens que son moi representativos nin que falar da Pirámide da Praza de Maio, o obelisco. Eses bens culturais que tipifican unha identidade do arxentino.

P. Que espazo ocupa na identidade arxentina a arte galega ou a arte española?

Importantísimo. É importantísimo porque o noso país o ten nas súas bases tamén. Non temos que descoñecer a liña inmigratoria que houbo nos comezos do Século. Non soamente italianos senón españois. Eu son da Cidade da Prata, onde hai comunidades, temos na cidade de Berisso a festa do emigrante, onde hai un recoñecemento ás distintas identidades que foron conformando o índice do noso país. Pero puntualmente o español é moi importante como o italiano. É o sinal que deixaron na cultura do noso país. E son, non soamente moi simbólicos, senón moi prestixiosos.

O Club español, o hospital español, distintas liñas que fan a abordaxe ao social. Traballaron moitísimo. Entón, a arte española é importantísima. Eu hoxe comentábache e tiven a experiencia o ano pasado con Marcela Cifre, que é unha copista (dinse copistas aos que están autorizados por un museo oficial, neste caso o museo de Louvre, a realizar traballos fóra do ámbito do museo). E ela traballa xustamente no Club Español de Buenos Aires e falamos moito da cultura española e das artes que hai no noso país. E déronlle tanta importancia á arte plástica que, por exemplo, eu puntualmente son testemuña in situ do hospital español na cidade da Prata que armou un corredor cultural con exposicións de cadro e sempre digamos tivo a súa achega non só da cultura senón o tema social e o tema educativo.

Eu vívoo puntualmente na cidade da Prata pero tamén sei o que é a cidade de Buenos Aires. Entón, culturalmente teñen un desenvolvemento e teñen que ser conscientes das perspectivas que teñen que ter para o coidado dese patrimonio. É clave porque cando non coidamos os bens culturais que fixeron á nosa identidade despois pérdense. E o principal é que eses bens culturais perduren a perpetuidade e sigan vixentes porque forman parte da nosa memoria e a nosa identidade. Así que digamos nese aspecto é visceral o coidado.

P. Ten o Ministerio de Economía entre os seus fondos algúns que sexan de galegos ou españois?

Agora non me vén a memoria pero non hai moitos. Dous ou tres de ascendencia española e xustamente polo que mencionaba anteriormente, da década do 30, puntualmente ano 37-39 e hai moita achega de artistas estranxeiros, entre eles hai algúns españois.

P. Que mecanismos de cooperación teñen establecidos con España nestes temas de patrimonio artístico desde o ministerio?

Actualmente ningún. É importante porque eu sempre sosteño, e isto é algo que o traballamos en equipo, non soamente o tema económico senón o tema do apoio interinstitucional. É importantísimo porque se pon o valor a identidade de cada lugar. Neste caso cando é entre países máis aínda. E sobre todo o noso país que é un país de inmigrantes. Entón digo que mellor que non soamente fai apoio senón toma de conciencia do que significa o coidado da preservación. E vou dicir algo, na cadea patrimonial que implica todo o coidado da preservación, son fundamentais os actores culturais. Os actores culturais que teñen esa premisa de dicir e asumen o compromiso de coidar eses bens culturais. E estamos a falar de distintos actores culturais porque non soamente un conservador ou un restaurador. Digamos que mudou a concepción e o concepto de patrimonio cultural e actualmente temos arquitectos, sociólogos, xornalistas, avogados que abordan a problemática de patrimonio cultural. Entón estes actores son moi importantes e que poidan traballar, na medida do posible, sen ningún tipo de complicacións. E estes apoios institucionais son fundamentais para o desenvolvemento. Entón en boa hora e benvido sexa e que se amalgamen nestas interaccións. Para min é fundamental.

P. En Arxentina existen institucións emblemáticas para os galegos e españois como o Centro Gallego de Buenos Aires que ten unha pinacoteca importantísima. Teñen contacto con este tipo de obras? Colaboran para a restauración ou a conservación?

Non e sería interesante. E sobre todo cando son pinacotecas, que son digamos fondos non só de bens culturais senón fondos documentais que se remontan e fan toda unha cronoloxía e unha reseña de toda a historia dese espazo, dese ámbito dese país. Entón creo que ese aspecto é vital a súa conservación. Non se puideron poñer en contacto. Nós estamos abertos. O ministerio de Economía é, nese sentido, moi metódico. Non hai que dar nada por descartado, entón é para tomalo en conta.