Artigo de Luís Antonio González Francisco
interrogante

Estambul 13N-22: Claroscuros dun atentado mortal

«Tal vez me trabuque,  pero os primeiros  acontecementos, sumados as primeiras informacións que me deu o gobernador de Estambul, Ali Yerlikaya, sinalan que isto cheira a terrorismo». Estas declaracións do presidente de Turquía, Recep Tayyip Erdogan, produxéronse pouco despois de que, sobre as 16.20 h. (horario turco) do martes 13 de novembro, a concurrida Avenida Istikal, unha das das arterias neurálxicas da cidade de Estambul, fora sacudida por una potente explosión que desatou o pánico entre os viandantes.

Liñas de investigación Relacione Internacionales
Apartados xeográficos Europa
Idiomas Galego

O ano 2016 foi o derradeiro no que se rexistraron atentados  en Estambul: un perpetrado en marzo de ese ano polo Daesh, na mesma Avenida Istikal, no que foron asainadas cinco persoas resultando feridas outras 36. O segundo tivo lugar no mes de decembro nos arredores do estadio Beşiktaş  costándolle a vida a 41 persoas (máis de 30 deles eran axentes de policía) e deixou ademáis máis de 150 feridos de diversa consideración. Inicialmente as autoridades turcas apuntaron ao PKK (Partido dos Traballadores do Kurdistán) como responsable do ataque pero pouco despois o atentado foi reivindicado, por un grupo chamado Falcóns pola Liberdade do Kuridistán (TAK) una escisión do PKK, quen negou calquer vínculo con eles.

O 14 de novembro, o responsable de Interior do Executivo turco, Suleyman Soylu, compareceu ante os medios de comunicación para informar de que a explosión provocou seis mortos, entre os que se atopaban unha nena de tres anos e o seu pai, e 81 feridos de diversa consideración. Tamen informou que as forzas de seguridade procederan a detención den 46 sospeitosos entre os que figuraba una muller a quen se responsabilizó da colocación do artefacto explosivo. A Policía turca informou tamén que tralos interrogatorios preliminares esta muller -Ahlam Albashir de 23 anos cidadana siria de orixe kurda- declarou que fora entrenada por militantes kurdos en Siria en que entrou en Turquía pola rexión de Afrin, no noroeste de Siria. Suleyman Soylu responsabilizou do ataque as YPG (Unidades de Protección Popular) que Ankara considera coma una rama do PKK. «Nosa evaluación é que a orde do ataque terrorista mortal proveu de Ain al-Arab [Kobane] no norde de Siria» afirmou Soylu. Paralelamente, O PKK fixo público un comunicado no que expresaba súas condolencias as víctimas, desvinculándose da autoría do ataque.

Do conxunto dos detidos, 17 pasaron a prisión preventiva. Entre eles estaba a presunta autora da colocación da bomba quen afirmou que colocara a bolsa que contiña o explosivo pero que descoñecía o seu contido. Según trascendeu un home dixéralle que deixase a bolsa nun banco e que pouco despois de deixala, esta explotou.

A lista de detidos aumentou pouco despois cando as autoridades de Bulgaria anunciaron o arresto de cinco individuos, entre os que figuraban tres homes de orixe moldavo en una muller de ascendencia kurda. Según o fiscal xefe Ivan Geshev, os cargos contra esta persoas dividíanse en dous grupos: por unha banda estar implicados en actos terroristas e por outra por tráfico de persoas así coma por actividades de contrabando.

O 20 de novembro, na súa conta de Twitter, o Ministerio de Defensa de Turquía publicou que chegara a hora «do xuicio final». Acabada de porse en marcha una ofensiva militar trasfronteriza denominada «Operación Garra-Espada» dirixida contra obxetivos ubicados en territorio de Iraq e Siria que aloxan bases do PKK e das YPG así coma das SDF (Forzas de Defensa Sirias). Avións de combate turcos atacaron obxetivos perto de Kobane, a aldeia  de Dahir al-Arab y al-Beilonya, según informou Ferhad Shami, portavoz das SDF. O ministro de Defensa turco, Hulusi Akar, afirmou que un total de 89 obxetivos foran alcanzados e que «un gran número de terroristas» foran abatidos nunha área de operación que se extende dende Tall Rifat no noroeste de Siria ata las montañas Qandil no noreste de Iraq.

Pouco despois, o titular de defensa elevou a 471 o número de obxetivos atacados en Siria e Iraq e afirmou  que «254 terroristas foron neutralizados na operación». Paralelamente o presidente de Turquía, Recep Tayyip Erdogan, anunciou a inminencia dunha operación militar terrestre no norde de Siria. As declaracións do mandatario turco supuxeron de facto o anuncio da que sería a cuarta intervención militar en territorio de Siria sendo a última no 2019, no marco da chamada «Operación Manantial da Paz» orientada a establecer una «zona de seguridade» duns 30km de ancho dentro do territorio de Siria.

Para o terrorismo a violencia no é un fin en sí mesmo senón un medio e non en poucas ocasión no medio está a mensaje polo que neste caso concreto chama a atención que non se fixese pública reivindicación alguna do ataque como con frecuencia ocorre en situación semellantes. A propia falta de reivindicación, a negativa na participación do mesmo nos grupos acusados polas autoridades turcas así coma o feito de que os detidos estivesen implicados tamén no tráfico de persoas, actividades en ocasión complementarias,  poderían ser elementos recurrentes para acusar a Turquía dunha operación de «falsa bandeira», para xustificar as suas políticas militares en Iraq e Siria.

Certamente os atentados poden xerar operacións de resposta das forzas armadas turcas aínda que no é menos certo que  Ankara entende a propia existencia do PKK, que por certo no emprega esas siglas dende o 2002, e das YPG, como una ameaza en sí mesma. Mentres se dilucidan eses extremos, o máis claro deste caso, coma de outros similares noutras datas e latitudes, é a lamentable-e irreparable- perda violenta de inocentes vidas humanas.