América Latina : Apartado xeográfico

Artículos de opinión y análisis relacionados con América Latina

Imaxe sen dereitos de autor 4

Un presidente con cinco escanos – 2ª volta nas eleccións presidenciais de Colombia

Abelardo de la Espriella chegará á Casa de Nariño o 7 de agosto tras unha vitoria axustada fronte a Iván Cepeda. A súa forza electoral contrasta coa reducida bancada que o acompañará de maneira directa no Capitolio. O Congreso instalado o 20 de xullo xa lle deu unha primeira mostra do que o agarda debido a que perdeu a presidencia do Senado fronte ao candidato do uribismo. O novo presidente terá que pactar con partidos que conservan intereses propios, mentres o Pacto Histórico ocupa a primeira liña da oposición desde a maior bancada da cámara alta.

Un presidente con cinco escanos – 2ª volta nas eleccións presidenciais de Colombia Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos América Latina
asílica Catedral de Arequipa, Ciudad Blanca (Perú)

Medio país fronte a medio país – 2ª volta nas eleccións presidenciais do Perú

Keiko Fujimori chega á presidencia na súa cuarta tentativa cunha vantaxe de menos de tres décimas de punto, nun país dividido case á metade e cun Congreso bicameral que estrea regras pensadas para frear o ciclo de destitucións.

Medio país fronte a medio país – 2ª volta nas eleccións presidenciais do Perú Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos América Latina
image 108

Fenomenoloxía xihadista no complexo panorama securitario de Trinidade e Tobago

Lennox Philip naceu o 19 de outubro de 1941 nun suburbio de Porto España, a capital do estado caribeño de Trinidade e Tobago (en diante T.T.). Este ex policía, cando un predicador exipcio visitou o país en 1969, converteuse nun dos primeiros conversos ao islam en T.T. A partir da década de 1970, xa baixo o nome de Yasin Abu Bakr, pasou anos en Libia como hóspede do coronel Gadafi, quen por aquel entón alentaba aos activistas musulmáns de todo o mundo. Logo regresou ao seu país e fundou a súa propia organización, Jamaat-al-Muslimeen, ou Partido dos Musulmáns.

Fenomenoloxía xihadista no complexo panorama securitario de Trinidade e Tobago Leer más »

Imaxe sen dereitos de autor 2 1

A batalla polo legado de Petro – 1º volta das eleccións presidencias de Colombia

O 31 de maio, máis de vinte e tres millóns e medio de colombianos acudiron ás urnas nunha xornada que rexistrou a participación máis alta para unha primeira volta presidencial no que vai de século (Infobae, 2026a). O resultado deixou un escenario de forte polarización para a segunda volta: o avogado e empresario Abelardo de la Espriella, un outsider da dereita radical, e o senador Iván Cepeda, herdeiro político do presidente Gustavo Petro, enfrontaranse o 21 de xuño pola Presidencia da República.

A batalla polo legado de Petro – 1º volta das eleccións presidencias de Colombia Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos América Latina
Imaxe sen dereitos de autor 1 1

Tres candidatos e un país en suspenso – 1ª volta nas eleccións presidenciais do Perú

Imaxina un país no que, nos últimos dez anos, oito persoas diferentes ocuparon a presidencia. Non por mortes, nin por revolucións senón por vacancias, renuncias forzadas, autogolpes de Estado e crisis institucionais nun bucle que semella estar no día da marmota. Ese país non hai que imaxinalo porque é o Perú. E, a pregunta que estaba no aire o pasado domingo 12 de abril, non era tanto quen pasaría a 2ª volta, senón se o sistema democrático por fin sería capaz de producir un presidente que realmente puidera gobernar ante un abanico de máis de 35 candidatos.

Tres candidatos e un país en suspenso – 1ª volta nas eleccións presidenciais do Perú Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos América Latina
hugo freitas

Entrevista a Hugo Javier Freitas “A emigración galega foi entendida moitas veces como ruptura, pero tamén pode pensarse como continuidade”

Hugo Javier Freitas é historiador e profesor de Historia en Bos Aires (Arxentina), especializado nos procesos migratorios entre Europa e o Río da Prata entre finais do século XIX e comezos do século XX. O seu traballo combina investigación en arquivos civís e parroquiais de España, Croacia, Arxentina e Uruguai, cunha escrita narrativa orientada a un público amplo. Participou no III Premio Memoria da Emigración Española (UNED Zamora), onde o seu traballo As partidas de Jesús foi seleccionado e publicado no volume oficial do certame. Nos últimos anos desenvolve unha liña de investigación centrada na relación entre memoria familiar, identidade e experiencia migratoria, con especial atención á emigración galega. O seu libro Raíces nas augas atópase recentemente publicado en Galicia e conta cunha edición en lingua alemá actualmente en proceso de publicación.

Entrevista a Hugo Javier Freitas “A emigración galega foi entendida moitas veces como ruptura, pero tamén pode pensarse como continuidade” Leer más »

BRA orthographic.svg

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 5. América (II) Dereitos antes que velocidade: América Latina e a construción dunha IA garantista

Fronte á cautela —ou mesmo ao retroceso— observable en América do Norte, América Latina preséntase como un espazo particularmente receptivo aos estándares europeos en materia de gobernanza da IA. A combinación dunha forte tradición constitucional en dereitos fundamentais e dunha crecente preocupación polos impactos sociais da IA propiciou respostas normativas que, en certos casos, non só reproducen o modelo europeo, senón que o intensifican ou reinterpretan desde categorías xurídicas propias.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 5. América (II) Dereitos antes que velocidade: América Latina e a construción dunha IA garantista Leer más »

Apartados xeográficos América Latina
Imaxen se dereitos de autor

Béisbol e identidade. Venezuela máis aló da política.

Venezuela leva anos sen poder celebrar nada xunta. A crise económica, o exilio de millóns de persoas, a captura de Maduro en xaneiro, cada acontecemento dos últimos tempos abriu aínda mais unha fractura que parecía xa insalvable. O 17 de marzo de 2026 foi a excepción. Unha vitoria 3-2 ante os Estados Unidos na final do World Baseball Classic parou o país durante catro horas. Non é pouco, cando un país leva anos sen pararse por nada bo.

Béisbol e identidade. Venezuela máis aló da política. Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos América Latina
PEF 2ed creatividades xeral cadrado 1

A Política Exterior Feminista na IGADI TV

No marco da segunda edición do proxecto «A Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro» o pasado 5 de marzo tivemos un programa especial de máis de dúas horas e media de duración na IGADI TV. No programa, presentado por Patricia Coloret, Elisabet Golerons e Daniel González Palau, participaron María Solanas, Manuela Mesa e

A Política Exterior Feminista na IGADI TV Leer más »

Teatro Nacional de Costa Rica

Costa Rica na encrucillada: O futuro do país tras as eleccións xerais de 2026

As eleccións xerais en Costa Rica marcaron o fin do excepcionalismo democrático do país. O triunfo de Laura Fernández consolidou un discurso de «man dura» fronte a unha crise de seguridade sen precedentes e unha profunda desigualdade territorial. Este proceso electoral revela unha nación fracturada que, entre a apatía e o medo, decidiu romper co seu pasado bipartidista para estreitar entre os brazos un modelo de confrontación institucional.

Costa Rica na encrucillada: O futuro do país tras as eleccións xerais de 2026 Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos América Latina