images IGADI O Mundo Dende Aqui con David Alvarado

O 20 de decembro achegámonos ás Primaveras Árabes e ao Rif da man de David Alvarado

 

 

Politólogo, xornalista e consultor, David Alvarado estará en Pontevedra o próximo 20 de decembro ás 20:00 na Casa das Campás, para dar a conferencia titulada: “Primaveras árabes e revolta do Rif en Marrocos”.

 

 

images IGADI O Mundo Dende Aqui con David Alvarado

Politólogo, xornalista e consultor, David Alvarado estará en Pontevedra o próximo 20 de decembro ás 20:00 na Casa das Campás, para dar a conferencia titulada: “Primaveras árabes e revolta do Rif en Marrocos”.

Instalado en Rabat dende 2003, combina desde a súa área de investigación o traballo académico co xornalístico, sendo correspondente para o Norte de África de diversos medios de comunicación coma o xornal La Voz de Galicia, Radio Euskadi, Televisión de Galicia, ou CNN + . A súa vez é autor de numerosos artigos académicos e análises sobre variadas cuestións políticas relacionadas co Magreb e o Norte de África, entre as que destacamos as súas achegas periódicas a Esglobal.

David Alvarado é profesor asociado na Universidade Internacional de Rabat (UIR) e investigador asociado do Centro d'Etudes et Recherches en Sciences Sociales (CERSS) de Rabat e do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). O seu último libro é “Rif: De Abdelkrim a los indignados de Alhucemas” de Edicións La Catarata, editado no 2017.

Para máis información ou entrevistas ao investigador David Alvarado, poden contactar connosco no enderezo electrónico info@igadi.org ou no teléfono 604 03 97 54