Tempo exterior Nº 24, período Xaneiro-Xuño 2012: Brasil na acción exterior galega

A revista Tempo exterior, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) e dirixida por Xulio Ríos, ofrece  no seu Nº 24, período Xaneiro-Xuño de 2012, unha ollada sobre Brasil como país prioritario da acción exterior galega, abordando unha diversidade de perspectivas con especial acento na diáspora e no mundo empresarial.

A revista Tempo exterior, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) e dirixida por Xulio Ríos, ofrece  no seu Nº 24, período Xaneiro-Xuño de 2012, unha ollada sobre Brasil como país prioritario da acción exterior galega, abordando unha diversidade de perspectivas con especial acento na diáspora e no mundo empresarial.

Así, este número de Tempo exterior iníciase cunha análise sobre a historia, realidade e perspectivas da galeguidade en Brasil, realizada por Santiago Camba Bouzas, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia. As oportunidades empresariais galegas en Brasil (Antonio Viñal Casas) e sendas reflexións e propostas sobre a acción exterior galega no emerxente xigante suramericano (artigos de Roberto Mansilla Blanco e Paula Lamoso González) completan esta sección principal deste número de Tempo exterior.

Como segunda temática abórdase a problemática da cooperación internacional ao desenvolvemento, enmarcada no actual contexto da crise económica e ofrecendo unha perspectiva tanto galega e estatal como pública e privada. Analízanse aquí os cambios e mutacións da cooperación ao desenvolvemento a nivel global (Carlos Gómez Gil), a actual fase de decadencia do apoio estatal á cooperación internacional (Pablo J. Martínez Osés e Ignacio Martínez Martínez), os alicerces do “capitalismo inclusivo” como xeradores dunha nova axenda de cooperación (Pedro Ramiro) e, finalmente, o estado da cooperación descentralizada ante o cambio de ciclo da cooperación a nivel estatal (Núria Camps i Vidal)

Tempo exterior Nº 24 finaliza cunha análise sobre a deriva autoritaria existente na política interna húngara co actual goberno de Viktor Orbán (Adrián Manuel Moreno Cidrás); a actualidade do independentismo escocés ante a eventual celebración dun referendo secesionista en 2014 (Xabier Cid); o peso de Alemaña na actual crise europea (Rafael Poch-de-Feliu); e finalmente o cambio de rumbo de Francia trala vitoria do socialista François Hollande (Ignacio Ramonet) e as esperanzas traducidas nunha alternativa política que permita mitigar a preponderancia das políticas de austeridade e as ameazas contra o Estado social do benestar.

Para máis información e subscricións.

http://www.igadi.org/web/publicacions/tempo-exterior

Tlf: 698 156 127 e info@igadi.org