A IGADI TV conecta coas eleccións presidenciais en Ecuador

Distribuir

Distribuir contido
16 · 03 · 2021

No marco da segunda volta das eleccións presidenciais en Ecuador que se realizarán o próximo 11 de abril, entre Andrés Arauz e Guillermo Lasso, a IGADI TV contará cunha nova charla de O Mundo Desde Aquí, co título “Eleccións presidenciais en Ecuador: Perspectiva e prospectiva”.

O debate aspira a servir de foro plural onde coñecer o estados das cousas en Ecuador a poucas semanas da disputa electoral final así coma os potenciais escenarios de futuro. Na charla que se desenvolverá en ZOOM e que poderá segurise en directo tamén na Canle de Youtube do IGADI, contaremos con catro especialistas da política ecuatoriana, que tralas intervencións iniciais estarán dispoñibles para o debate e a interlocución coa audiencia da actividade.

Se queres participar en directo teste que inscribir no ZOOM. Para realizar a túa inscrición tes que enviar un correo electrónico a info@igadi.gal

 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais