Galicia : Palabra chave

Hands giving and receiving Indonesian rupiah in an envelope, symbolizing financial transaction.

Canto custa socialmente a corrupción?

Despois da vivenda, as enquisas sitúan á corrupción como segundo dos grandes problemas do noso país. Mais, que se entende por corrupción? A RAE define o termo como a práctica consistente na utilización indebida ou ilícita das funcións dunha organización -pública ou privada- en proveito dos seus xestores. A esta achega, a RAG engade algúns sinónimos como descomposición, gangrena ou depravación. Se facemos a consulta do termo nos motores de procura máis empregados, os algoritmos acaban por ofrecer unha definición certamente intelixible -desviación de poder que procura obter beneficios persoais, afectando gravemente ás institucións e á cidadanía- mais que obvia deliberadamente calquera alusión explícita ao sector privado. Será que o algoritmo creado por grandes magnates tecnolóxicos transmite indirectamente que o fin xustifica os medios cando se trata de enriquecemento privado? En todo caso, sempre poderán trasladar a responsabilidade, por acción ou omisión, ao sector público.

Canto custa socialmente a corrupción? Ler máis »

Liñas de investigación Economía
Robotic arms in action within a modern industrial control room setting, showcasing technology and production.

Innovar, en que?

O verbo innovar é con frecuencia empregado como palabra comodín con certa lixeireza para referir calquera tipo de cambio, mellora, ou emprego da tecnoloxía, perdendo con isto a precisión do seu significado. Así, este verbo e as súas derivadas, coma o substantivo innovación ou o adxectivo innovador, son habitualmente repetidos en discursos, plans de empresa e de organismos públicos, no ámbito académico e, incluso, como atributos persoais, sen aportar un valor real ou medible ao discurso.

Innovar, en que? Ler máis »

Liñas de investigación Economía
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable: a visión empresarial

A acción exterior de Galicia atópase nun momento decisivo. Nun contexto internacional caracterizado por inestabilidade xeopolítica, fragmentación de mercados e redefinición das regras do comercio global, a proxección exterior non é unha opción estratéxica, senón unha necesidade estrutural. Dende a perspectiva da Confederación de Empresarios de Galicia, cómpre realizar unha análise rigorosa do seu estado actual, identificar potencialidades e definir con claridade as liñas de mellora que permitan reforzar o seu impacto.

Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable: a visión empresarial Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
christoph fora de mapa

Coñeces o Fóra de Mapa? Conversaron co Christoph Schreinmoser, Director do IGADI

O Fóra de Mapa é un podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. O 13 de xuño Juan dos do Rei conversou co noso Director sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo.

Coñeces o Fóra de Mapa? Conversaron co Christoph Schreinmoser, Director do IGADI Ler máis »

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Galicia perante un mundo inestábel

O mundo do ano 2026 é un mundo complexo. A fragmentación xeopolítica, o cuestionamento das institucións multilaterais e un transaccionalismo crecente nas relacións entre Estados configuran un escenario inestábel e volátil. Se ben non é unha tendencia nova, a segunda presidencia de Donald Trump non fixo senón acelerar o desmantelamento do mundo de posguerra.

Galicia perante un mundo inestábel Ler máis »

saic motor 600

SAIC en Ferrol: Galicia na nova xeografía industrial de China

A posible chegada de SAIC a Ferrolterra constitúe moito máis que un novo proxecto empresarial. Hai varios elementos que permiten distinguir o proxecto de SAIC de experiencias anteriores.

SAIC en Ferrol: Galicia na nova xeografía industrial de China Ler máis »

Panorámica da illa Sur das Cíes desde a illa do Faro. Fonte: Galipedia

Abraiante Galicia XVIII: As illas Cíes (e as Galápagos)

A serie “Abraiante Galicia” achega desde os ollos de Isabel Stanganelli, espazos, historias e outros elementos que non deixarán de causar abraio. Arredor das conexións de Galicia co resto do mundo…

Abraiante Galicia XVIII: As illas Cíes (e as Galápagos) Ler máis »

Flag of Galicia.svg

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 9. Galicia

Xa se indicou anteriormente que a aposta temperá de España polo desenvolvemento do RIA, materializada na creación da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), contrasta coa falta de aprobación, polo momento, da Lei para o bo uso e a gobernanza da IA que habilite un réxime sancionador efectivo. Esta circunstancia impide actualmente a imposición de sancións, aínda que a AESIA xa se atopa plenamente operativa e exerce funcións relevantes, como a colaboración nos sandboxes [entornos controlados de probas] ou actividades de alfabetización en IA.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 9. Galicia Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Paradiplomacia
Apartados xeográficos Europa
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Galicia e España ante a Axenda Von der Leyen II: competitividade, transición verde e involución autonómica

A segunda Comisión von der Leyen, un ano despois de iniciar o seu mandato, consolidou un método político baseado na aceleración lexislativa, na coordinación interservizos e no uso intensivo de paquetes omnibus para reaxustar políticas recentes. Una receita debedora do corporativismo alemán (Mesa para o Agro, para a Automoción) ante a crise de identidade do modelo socioeconómico europeo, sobre todo renano-carolinxio, substituíndo a granularidade regulatoria por procesos integrados orientados a resultados. Estes paquetes, que en 2025 integraron dez reformas simultáneas e que continuarán en 2026, están a transformar sectores como a automoción, a industria química, o agroalimentario, as políticas ambientais e a gobernanza dixital. A prioridade esencial da Comisión: reforzar a competitividade europea nun contexto de transición verde, tensión xeopolítica e crecente presión sobre cadeas industriais, en liña co informe Draghi.

Galicia e España ante a Axenda Von der Leyen II: competitividade, transición verde e involución autonómica Ler máis »