O IGADI subliña o seu compromiso fundacional coa lingua na publicación online “O mundo en galego: Comprender o global desde aquí”.

Distribuir

Distribuir contido
12 · 11 · 2020

 

- No vixésimo noveno aniversario do IGADI a publicación nace da vontade de impulsar e normalizar o uso do galego en todos os ámbitos, de maneira específica e desde a natureza do IGADI, na análise das relacións internacionais, xeopolítica e novos estudos globais.

- Colaboran coa publicación online “O mundo en galego: Comprender o global desde aquí” 17 analistas e especialistas galegos de recoñecido prestixioso internacional, coma Ignacio Ramonet (Director de Le Monde Diplomatique en español), Yashmina Shawki (Escritora e historiadora especializada en Oriente Próximo) ou Xulio Ríos (Director do Observatorio de la Política China, Fundador e Presidente de Honra do IGADI).

- A publicación, promovida polo IGADI coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, presentarase en rolda de prensa o próximo xoves día 19 ás 12:00 na sede da SXPL, coa presenza de Valentín García (Secretario Xeral SXPL) e Daniel González Palau (Director do IGADI).

Aproveitando o seu vixésimo noveno aniversario o IGADI teima no seu compromiso fundacional (1991) de impulsar o uso da lingua galega en todos os ámbitos, desde as escolas ás Universidades, nos medios de comunicación ou nas institucións e as empresas. Nesta tarefa colaboran 17 analistas e expertas que fan parte da comunidade do IGADI desde o camiño dos seus 29 anos de traballo 

Participan así nomes senlleiros da análise internacional como Jesús A. Villaverde (Codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitose Acción Humanitaria (IECAH) ou Miguel Otero (Investigador principal do Real Instituto Elcano) membros do Consello Reitor do IGADI coma Enrique Sáez (Economista, escritor e Presidente da Fundación Juana de Vega), Antonio Martínez Puñal (Profesor Ad Honorem da Universidade de Santiago de Compostela e Profesor Distinguido da Universidade de San Marcos de Lima, Perú) ou María Xosé Porteiro (Xornalista e escritora).

Participan tamén colaboradores históricos da entidade coma Carlos Teijo (Profesor de Dereito Internacional Público e da UE na USC.), Emilio Martínez Rivas (Experto en cooperación internacional ao desenvolvemento), Serafín Otero (Responsable da política europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas), Alfredo Iglesias (Colaborador do Faro das Culturas (FV) e de Rebelion.org), David Balsa (Presidente da Conferencia Eurocentroamericana) ou Xavier García (Responsable Axencia EFE na China).

Non faltan tampouco novos referentes da análise internacional, coma Miriam González (Xornalista especializada no estudo de Rusia e o espazo postsoviético en Descifra la Guerra), Moncho Iglesias (Escritor e profesor, especializado no mundo árabe) ou Paula Lamoso (Profesora contratada visitante de Política Internacional no Departamento de Ciencias Sociais da Universidade Carlos III) que asina un artigo conxunto con Stelios Stavridis (Investigador Senior de ARAID na Universidade de Zaragoza)

O IGADI difundirá a obra colectiva empregando as súas redes sociais en twitter e facebook, animando á difusión da obra desde todos os ámbitos, normalizando o uso da lingua galega na análise internacional e xeopolítica. Podes descarregar "O Mundo en Galego: Comprender o global desde aquí"

 

AnexoTamaño
IGADI - O Mundo en Galego Comprender o global dende aquí9.7 MB
IGADI - O Mundo en Galego Comprender o global dende aquí (1PAX)9.76 MB
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais