Retorno ás bombas humanitarias

Apartados xeográficos ARQUIVO Balcáns
Idiomas Galego

Curiosa, curiosa guerra a de Cosova, esa campaña militar iniciada por políticos progres e aplaudida polo pacifismo. Hai un par de semanas voltou do silencio que a encubre cunha serie de reportaxes en El País, un periódico caracterizado por unha serbofobia preto da patoloxía. Os artigos de José Comas continúan con esa tradición.

O mais chamativo deles, ó meu entender, é o titulado "Zanka y Mila, víctimas de Milosevic y de la OTAN". Trata o artigo do famoso bombardeo do 23 de abril de 1999 sobre a sede da Radio Televisión Serbia (RTS) no que morreron 16 persoas. "Un crimen de guerra, cometido al alimón por ambos bandos". A OTAN, que enviou os avións. Os serbios, que non evacuaron o edificio a pesar de que sabían que ía ser atacado. "Es la opinión de todos," din algúns familiares "pero no tenemos pruebas materiales’. "Sólo murieron técnicos, no periodistas ni directivos", engade insidiosamente Comas. Será que en PRISA, son Polanco e Cebrián quen traballa ás dúas da mañá, hora do ataque.

Foi Carla del Ponte, a presuntuosa fiscal do tribunal para a exIugoslavia (TPIY), quen máis tarde sorprendeu en Belgrado explicando que a OTAN avisara do ataque. As probas que entón prometeu nunca apareceron. Lord Robertson, secretario xeral da OTAN, explicou que advirtiran ós iugoslavos de que debían abandonar os edificios susceptibles de seren atacados. O cal, en román paladino, sinifica que non chamaran para avisar (algo que fan incluso israelitas e terroristas).

E é certo que había rumores de ataque en Belgrado, pero Comas non precisa as razóns. O 12 de abril, unha misión da OTAN partiu cara a sede da RTS. Cando só faltaba media hora para o ataque, cando algúns corresponsais occidentais estaban a empaquetar as súas cousas sixilosamente, un país, Francia "segundo Human Rights Watch-, logrou que se abortase. Ó final, foi Estados Unidos quen, sen avisar ós aliados, decidiu o ataque.

Mais nesa guerra tan curiosa, tan humanitaria, os que reciben bombas son máis culpables que os que as envían. E así, o director da RTS foi condenado a 10 anos de cárcere por "inadecuada protección" do edificio, ó tempo que Cruella del Ponte non atopou probas para encausar á OTAN por crímes de guerra. Jamie Shea, o voceiro da Alianza, foi moi sincero ó respecto: "¿Cómo nos van a acusar a nós, que somos quen pagamos o tribunal?".

A todo isto, o ataque foi xustificado porque a RTS non transmitía información, senón propaganda. A nosa clase política explicounos que os serbios exterminaran a ducias de miles de albaneses, a 100.000, cecáis 500 mil. A acusación a Milosevic no TPIY o fai responsable da morte, durante a insurrección albanesa, de… 900 persoas