20040628otan bush powell

We are losing

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
É unha anécdota digna de ser comentada. O presidente Bush preguntoulle recentemente a Colin Powell cómo vía a marcha da guerra. O secretario de Estado respondeu coa franqueza dun soldado: "We are losing". A reacción de Bush foi a de botalo do seu despacho, pois, tal como xa sabemos, non lle gusta nada recibir malas noticias. Considéranas propias de derrotistas. (Foto: Bush e Powell nunha reunión da OTAN).
 

É unha anécdota digna de ser comentada. O presidente Bush preguntoulle recentemente a Colin Powell cómo vía a marcha da guerra. O secretario de Estado respondeu coa franqueza dun soldado: "We are losing". A reacción de Bush foi a de botalo do seu despacho, pois, tal como xa sabemos, non lle gusta nada recibir malas noticias. Considéranas propias de derrotistas.

O discurso de reeleción de George Bush sorprendeu a todos, porque puidemos ver a un presidente que desdeña as amargas lecións de Iraq: a futilidade da democratización instantánea, os límites do poderío militar americano. Observamos, en cambio, a un Bush máis mesiánico que nunca, iluminado e atrapado na súa propia retórica de libertador por graza divina.

Maior aínda foi a sorpresa cando os novos nomes da administración parecían indicarnos un ascenso da ala moderada dos republicanos, sobre todo có nomeamento do prestixioso Robert Zoellick "experto do máis alto nivel en negociacións comerciais" como adxunto de Rice. Rumsfeld e os neoconservadores parecían entón en desbandada. Nembargantes, é o propio George Bush quen fai un peán a favor da expansión da democracia e a defensa dos aliados "mediante a forza, si é necesario". Dick Cheney, acaso o máis perverso dos falcóns, secundou cedo o discurso, subliñando o perigo que supoña Irán e chiscando o ollo a Israel para que golpee o seu programa nuclear de verse capaz de facelo.

Por conseguinte, George Bush non ten aprendido nada, non quere saber nada. El é agora o brazo armado da Historia. "A historia ten unha dirección visíbel, establecida pola liberdade e o autor da liberdade (history also has a visible direction set by liberty and the author of liberty). Pouco lle faltou para dicir que el era a Man de Deus.

"A mellor esperanza de paz no mundo é a expansión da liberdade no mundo", dinos o presidente Bush. Ó mesmo tempo, a súa secretaria de Estado Rice presenta a renovada lista de inimigos, chamados, na nova retórica, outputs of tyranny: Cuba, Myanmar, Corea do Norte, Irán, Belarús e Zimbabwe.

As distintas axencias do goberno estadounidense, coas súas distintas facións, empezan agora unha competición que ten como obxectivo chamar a atención sobre as desventuras de aqueles países que eles favorecen "liberar". As apostas, dende logo, nos sinalan á república de Irán, como o favorito desta controvertida carreira.

A gran maioría dos observadores nos advirten de que un ataque sobre ese país sería unha loucura, que Estados Unidos carece de opcións militares válidas e realistas, que a súa posición en Iraq é moi fráxil; que o programa nuclear iraniano está diseminado por toda Persia; que as instalacións están fortemente protexidas e non é posíbel o elemento de sorpresa.

E si, un ataque a Irán, sería unha tolemia. Pero a tolemia parece o signo dos tempos en Washington.