As bases do Golfo

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego

É lugar común afirmar que o interese nacional americano esixe expandir as súas bases militares por todo o planeta. Ninguén discute esa necesidade. Observemos, nembargantes, as máis famosas das guarnicións imperiais americanas, as situadas en Arabia Saudita. Son as xoias da coroa da supremacía de Estados Unidos, obtidas tras o triunfo da Guerra do Golfo. ¿Qué defenden esas bases? Dacordo coa verdade común e aceptada, esas bases defenden o subministro de petróleo. Sí, Pero suministro, ¿a quén? Non a Estados Unidos, que mercan máis no seu propio hemisferio, e teñen producción propia e reservas intactas, senón a Europa e Xapón, que son as rexións que teñen no petróleo do Golfo o fluido sen o que non poden vivir. É dicir, somos nós, son os xaponeses, quen necesitan ese petróleo.

Ademáis, seguindo a ideoloxía dominante que sirve de referencia á política económica da nosa era, a liberdade de mercados é un principio imperante. É incluso un principio estratéxico da OTAN defender a dura lex da oferta e a demanda. ¿En qué espacio desa ecuación entran as bases militares? ¿Deixarían acaso de vender petróleo os uns, compralo os outros, se non estiveran alí eses soldados? ¿Bombardearán os americanos os territorios sagrados do mundo árabe, en caso de que o monarca de turno decida deter os fluxos comerciais?

Ben miradas, as bases do Golfo protexen non tanto o subministro a Estados Unidos coma os investimentos dos grandes consorcios do petróleo que o subministran a Occidente. Protexen tamén as propiedades dunha ampla casa real moi vencellada a eses mismos consorcios e que, sen esa protección, atoparían moi difícil manterse no poder. Desta alianza xurden outros beneficios colaterais: os petrodólares acaban sendo invertidos en Occidente, e o comercio do petróleo, cun precio fixado en dólares, mantén en pé a moeda americana, que doutro xeito, podería pasar a ser papel inútil. ¿Pero acaso non foron, en boa parte, os gastos que acompañan o imperio os que obligaron a Nixon a revocar a vinculación entre dólar e ouro?

Intereses, en fin, privados os que defenden esas bases. Estados Unidos, como nación, perde con elas a súa gran vantaxe estratéxica: habitar un continente-illa, na que non son imprescindibles os complexos xogos xeopolíticos nos que viven en Eurasia, rodeados de rivais da mesma orde, de posibles inimigos. Nun tempo en que un portaavións americano é capaz por si só de controlar un océano, e unha aeronave pode partir de Missouri, deixar cair a súa carga letal e regresar a casa sen pisar terra, ¿por qué é mester sazonar o mundo de bases militares?