20031104gunslingers over iraq

Destrucción masiva no Iraq

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
Moitas das armas que se empregan no Iraq levan cabezas con uranio empobrecido (depleted uranium), moi tóxico, e que seguirán séndoo por moitos anos, contribuíndo a alteracións xenéticas dos aínda non nacidos e a orixinar tumores malignos. (…) Si que hai armas de destrución masiva no Iraq. Pero non son as de Sadam senón as levadas polos invasores. (Foto: dous F/A-18 do "Strike Fighter Squadron One Zero Five [VFA-105] Gunslingers").
 

No emprego de armas de destrucción masiva, non hai dúbida de que Bush leva superado con moito a Hitler. Moitas das armas que se empregan no Iraq levan cabezas con uranio empobrecido, moi tóxico, e que seguirán séndoo por moitos anos, contribuíndo a alteracións xenéticas dos aínda non nacidos e a orixinar tumores malignos. Sen esquecer que tamén se ten usado uranio non empobrecido, aínda moito máis tóxico.

É moi doado atopar na rede sitios que informan sobre as enfermidades que proveñen ou poden proceder do contacto con esas armas, sobre a contaminación habida e sobre a que é posible que haxa aínda. Non estará de máis lembrar que se estima que hai hoxe uns 300.000 veteranos estadounidenses que inhalaron uranio empobrecido na primeira guerra do Golfo e que o están excretando polos ouriños e o seme. Despois de inhalado, solubilízase y transfírese dos pulmóns a outros órganos, incluíndo o fígado, tecido adiposo e músculos.

Tampouco debemos esquecer, para nos facer unha idea do problema, que no Iraq as forzas de ocupación deixaron máis de trescentas toneladas métricas de uranio empobrecido baixo a forma de proxectís usados e po volátil, o que significa unha incidencia moi alta no tocante a malformacións conxénitas e tumores malignos. E, ao parecer, informes semellantes chegan de Kosova e de Bosnia.

O problema complícase, no tocante á gravidade, se temos en conta que a vida media do uranio empobrecido é de 4.500 millóns de anos. Por iso se di que Iraq, Kuwait, Bosnia e Kosovo están de feito contaminados para a eternidade. Ademais, se o período de latencia dos tumores vai de 5 a 60 anos, a mesma posibilidade de padecelos en calquera tempo da vida é un engadido máis ás arrepiantes expectativas que hoxe se viven nos países antes ditos.

Como se ve, agora si que hai armas de destrución masiva no Iraq. Pero non son as de Sadam senón as levadas polos invasores. Cando se di que Bush xa superou a Hitler no uso de armas de destrución masiva, non hai dúbida de que se está dicindo a verdade. O que produce desespero é que os responsables non van ser xulgados polos seus crimes, pois iso non vai suceder con Bush "nin cos seus homes, e mulleres, por máis que teñan, cando menos, as mesmas responsabilidades cós nazis xulgados en Nürenberg.