2025 global trends final report 20

Informe, para hoxe, do 2025 (e II)

 Gobal Trends 2025: A Transformed World: Introdución, un mundo transformado; clic para aumentar
Todos os escenarios e datos deste artigo están baseados no informe "Gobal Trends 2025: A Transformed World", do Consello Nacional de Intelixencia do Goberno dos Estados Unidos, e dos informes do Instituto Galego de Estatística (IGE). [Foto: Ilustración do informe "Gobal Trends 2025: A Transformed World"].
 

Marzo de 2025, segunda parte do informe do xefe de gabinete da presidenta electa da Xunta de Galicia.

"Presidenta: Mentres que o Cambio Climático síganos respectando, estamos entre os países do mundo con menores restricións de auga. Calcúlase que estes momentos consumimos entre o 25 e o 30% dos recursos acuíferos dispoñibles. Na conca española do Mediterráneo xa superaron o 60%. Esta claro que é o noso petróleo, é o elemento que nos permitirá ser máis competitivos nos mercados agrarios, ofrecer unha mellor contorna para vivir e, talvez, producir enerxía máis barata.

A idea clave é que a auga é o noso tesouro nacional e ninguén no seu san xuízo perdería un tesouro. Non é unha cuestión de Centrais Hidroeléctricas si, Centrais Hidroeléctricas non. Cada proxecto debe ser estudado individualmente, valorando os posibles usos alternativos de auga e, non podemos ser simplistas, os ingresos fiscais que produza. Estes dilemas vánsenos a presentar, queirámolo ou non, pois as demandas de gas natural ou petróleo crecen máis que a produción de hidrocarburos. E como as tecnoloxías alternativas aínda non poden substituír completamente ás fontes tradicionais, é inevitable que os prezos continúen altos.

Pero non podemos ver a auga soa en clave enerxética: é clave en moitos dos proxectos industriais e o os agrícolas. Do mesmo xeito que soben os prezos da enerxía tamén o prezo dos alimentos seguirá subindo. O crecemento da poboación mundial, 1.200 millóns nos últimos 25 anos, e a extensión da dieta "occidental" entre as crecentes clases medias das novas potencias, están a colocarnos no escenario previsto polo Banco Mundial a principios de século: no ano 2030 a demanda de alimentos será un 50% superior que no ano 2000. Como é evidente, estes novos prezos están a facer que a agroindustria do país teña novas oportunidades de negocio. Temos dúas vantaxes comparativas: a auga e o manter desde finais da primeira década do século políticas que facilitaban o acceso a terras de cultivo aos empresarios.

Dúas notas máis. Sobre o resto dos temas que nos propuxo non hai máis nada que detalles de redacción e, sobre o terrorismo, insistir en que a diminución, en termos absolutos, dos atentados islamitas non pode facernos baixar a garda. Compostela volverá ser un obxectivo potencial o próximo Ano Santo de 2027. É imprescindible continuar investindo nas políticas de información e coordinación policial.

Santiago, marzo 2025".

Nota: Todos os escenarios e datos deste artigo estan baseados no informe "Global Trends 2025: A Transformed World", do Consello Nacional de Intelixencia do Goberno dos Estados Unidos, e dos informes do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Material para a web

Global Trends 2025
Informe do Consello Nacional de Intelixencia dos EEUU:
http://www.dni.gov/nic/NIC_2025_project.html.

Auga no Mundo
International Water Managemet Institute (IWMI), un dos mellores observatorios e centro de investigación no mundo:
http://www.iwmi.cgiar.org/.

Os vídeos do IWMI podes atopalos aquí:
http://www.youtube.com/user/IWMIVideos.

Auga como negocio
Unha empresa arxentina vende auga do Paraná:
http://www.makhena.com/home.html.
http://www.lacapital.com.ar/contenidos/2008/11/16/noticia_6245.html.
http://www.agenciafe.com/noticia/articulo/100629/EL_SENADO_PIDIO_LA_PROHIBICION
_DE_LA_EXPORTACION_DE_AGUA_DULCE.html
.