Iraq: a propaganda da guerra

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego

Non hai guerra sen propaganda. Xa o tirano ateniense Pisístrato (VI a.C), ó ordenar a recompilación dos cantos da Ilíada, modificou unha referencia á illa de Salamina, entón en disputa, para que así semellara que pertencía a Atenas dende o inicio dos tempos. Nembargantes, o uso científico e sistemático das técnicas de persuasión e manipulación corresponde ós nosos tempos, ó mundo nacido coa primeira guerra mundial. A intervención americana nesta guerra non contaba co apoio dunha opinión pública, que, por tradición, detestaba ós británicos e rexeitaba de plano involucrarse na vella política europea. Por medio de insistentes e demoledoras campañas de propaganda, organizadas a través da Comisión Creel, a opinión pública mudou a súa postura e apoiou a guerra de forma entusiasta. Entre as mentiras que entón se contaron, xa é lenda o relato de cómo os hunos (así chamaban ós alemans) mataban a bebés belgas con baionetas.

Estas técnicas de persuasión foron perfeccionadas nos anos vinte gracias a súa aplicación ó consumo de masas. Estudiounas Goebbels, un burdo aprendiz comparado cos anglosaxóns. A crise da comunicación bélica chegou coa guerra de Vietnam, durante a cal os televidentes americanos puideron contemplar, sen censuras, os horrores do conflicto. Tra-la derrota, o Pentágono concluiu que, nas guerras modernas, era unha esixencia estratéxica o control total do fluxo informativo que recibían os seus cidadáns.

Iso quedou demostrado na guerra do Golfo, durante a cal o secretario de defensa, Dick Cheney, sentou as bases de futuras campañas de comunicación. Aquí o horror no interior foi provocado por unha enfermera kuwaití que relatou cómo os iraquís sacaran ós nenos da incubadora para envia-los aparatos ó seu país. Máis tarde soubose que a historia era falsa e a suposta enfermera, filla do embaixador de Kuwait.

Na fronte de batalla, Cheney agrupou ós periodistas en pools guiados por personal especializado que os levaba só donde interesaba ó exército. Moi importantes foron as rodas de prensa diarias. Por primeira vez, o Pentágono puido dirixirse á opinión pública sen necesidade de mediación periodística. As imaxes xa editadas de bombas teledirixidas destruindo limpamente os seus obxectivos encantaron tanto ás televisións coma ós televidentes. Provocaban ademáis unha idea aséptica da guerra. Meses despois se descubriría que non fóra así, pero xa non importaba.

Estas circunstancias debemos telas en mente cando lemos noticias acerca de Irak. E máis cando sabemos que Richard Perle, quen se gañou o alcume de Príncipe das Tebras nos seus tempos de estratega nuclear para Ronald Reagan, é quien lidera a facción proguerra de Estados Unidos. O mesmo Kissinger se admiraba das súas "proezas manipulatorias" (Diplomacia, p.1109). Quizáis esté baixo de forma. A mín, o do desertor que nos amosa proxectos secretos seméllame un truco demasiado usado.

Enlaces relacionados:

Comisión Creel

Futuras campañas de comunicación

Príncipe das Tinieblas

Facción proguerra