Ó ritmo que hoxe leva ese lento abrir os ollos da sociedade americana, Bush, para ben da humanidade, non sairía reelixido en novembro. Nin Kerry nin Edwards serán moito mellores; pero, en calquera caso, e xa é un consolo, parecen un pouco mellores. Porque teñen outro estilo. Son críticos sen meterlle medo á xente, duros sen chegar ó aldraxe, firmes mais non poliédricos e sen matices. (Foto: John Kerry e John Edwards en Dayton o seu primeiro día como equipo, Kerry-Edwards 2004, 07/07/2004). | |
Nun discurso diante da Asociación de Gobernadores Republicanos, Bush meteulle medo ó país ó soster que as eleccións de novembro son "unha opción entre un país que lidera o mundo con forza e confianza e outro país que está na incerteza do perigo". E subliñou que "manterei os nosos inimigos fuxindo e ampliarei as fronteiras da liberdade". Pode ter razón Kerry, quen dixo que "agora sabemos que Bush está fuxindo", maiormente ó saber que a aceptación de Buh caeu por debaixo do 50 por 100 e que hoxe lle poderían gañar tanto Kerry como John Edwards.
Énos ben coñecida a linguaxe de Bush: a de meter medo á xente se hai outra posibilidade distinta de victoria, como hoxe ocorre nos EEUU. O que demostra que, sen chegar por agora ás descualificacións de barrio baixo, como entre nós se adoita, hai linguaxes que, usando o inglés ou o castelán, converxen en ser unha mesma, que falan e entenden as mesmas mentalidades poliédricas, sen matices, fundamentalistas. É a mesma mentalidade que se expresa a medio de distintas linguas, pero cunha única linguaxe.
Un pouco o que está sucedendo entre nós, pois acá, como alá, tamén se pretende que non hai máis ca dúas opcións: a dos bos que todo o fan ben e a dos outros, que todo o fan mal. E os primeiros tamén meten medo ós dispostos a telo, que son máis dos que un quixera.
Pode que a diferencia estea en que nos EEUU, moi a modo, a xente empeza a se decatar de que lle estiveron contando contos, cousa que aquí non se ve ou non se quere ver. Ó ritmo que hoxe leva ese lento abrir os ollos da sociedade americana, Bush, para ben da humanidade, non sairía reelixido en novembro. Nin Kerry nin Edwards serán moito mellores; pero, en calquera caso, e xa é un consolo, parecen un pouco mellores. Porque teñen outro estilo. Son críticos sen meterlle medo á xente, duros sen chegar ó aldraxe, firmes mais non poliédricos e sen matices.
Pero hai que ter esperanza de que se impoña un mellor estilo. Consulto unha sondaxe que fai un xornal galego, na que se pregunta ós lectores se, no caso Carod Rovira, os políticos non lle terán feito o xogo a ETA, amplificando a súa mensaxe: o 91 por 100 responde que si, que é certo. Non se pode imaxinar máis limpo fracaso da política do medo. Cómpre non perder a esperanza.