20060216 washington condoleezza rice02

O humor de mrs Rice

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego
 Condoleezza Rice, clic para aumentar
Mrs Rice non lembra, ou prefire non facelo, que aínda está viva unha invasión ilegal dun país musulmán, que existe a ocupación de Palestina, que o Iraq vai quedar envelenado para miles de anos, que os intereses petroleiros do seu país, e doutros, levan á espoliación, á depredación e ao asoballamento dos países árabes e musulmáns.
 

O tempo vai confirmando a miña sospeita, exposta aquí máis dunha vez, de que mrs Rice non ten moitas luces. E agora parece engadir unha eiva máis: ser discípula de Huntington, que era o que lle faltaba. Pois, segundo dixo, a revolta do mundo musulmán por mor das caricaturas de Mahoma é unha esaxeración do fanatismo.

Mrs Rice non lembra, ou prefire non facelo, que aínda está viva unha invasión ilegal dun país musulmán, que existe a ocupación de Palestina, que o Iraq vai quedar envelenado para miles de anos, que os intereses petroleiros do seu país, e doutros, levan á espoliación, á depredación e ao asoballamento dos países árabes e musulmáns.

Pero non, a súa conciencia queda máis en paz lembrando as relambidas e resesas teorías de Huntington: dese xeito, oculta os problemas reais que están á vista de todo o mundo co fume dunhas elucubracións anticuadas nas que xa ninguén cre "pode que nin o propio teorizador", pero que lle serven para seguir mentindo e ocultando a triste realidade do Oriente Medio.