20041128bucarest adrian nastase

Romanía: as eleccións e o calendario da Unión

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Adrian Nastase
As eleccións municipais deste verán supuxeron un duro revés para a formación de Nastase, perdendo importantes feudos (entre eles, a capital, Bucarest). Aínda que se producían despois de once anos de control do poder, o que podería deducir certo desgaste, e que se trataba da primeira elección a nivel estatal na que o ata entón presidente Iliescu non se presentaba (a lei electoral romanesa o impedía), parece que o PSD volveu gañar as eleccións, tanto presidenciais como lexislativas, se ben cómpre sinalar que nas primeiras a diferencia, anque escasa, é máis folgada.
 

O pasado 28 de novembro se celebraron eleccións lexislativas e presidenciais en Romanía. Os resultados destes comicios, aínda pendentes do segundo asalto a celebrar o 12 de decembro, dirimirán se o primeiro ministro e líder socialdemócrata, Adrian Nastase, que encabeza a alianza do PSD (Partido Socialdemócrata e Partido Humanista) ou o seu principal adversario e alcalde de Bucarest, Traian Basescu, líder da coalición PNL "Xustiza e Verdade" (Partido Liberal e Partido Demócrata), será o encargado de encabezar a larga marcha romanesa cara a Unión Europea.

As eleccións municipais deste verán supuxeron un duro revés para a formación de Nastase, perdendo importantes feudos (entre eles, a capital, Bucarest). Aínda que se producían despois de once anos de control do poder, o que podería deducir certo desgaste, e que se trataba da primeira elección a nivel estatal na que o ata entón presidente Iliescu non se presentaba (a lei electoral romanesa o impedía), parece que o PSD volveu gañar as eleccións, tanto presidenciais como lexislativas, se ben cómpre sinalar que nas primeiras a diferencia, anque escasa, é máis folgada.

A Oficina Electoral Central (BEC) comunicou os resultados finais oficiais das eleccións nas que 18 millóns de romaneses estaban convocados para designar un novo Parlamento para os próximos catro anos e ao seu presidente para un mandato de cinco. Oficiosamente, e impregnados dun "síndrome ucraíno", os partidarios de Basescu reclamaron a nulidade desta primeira votación, alegando comportamentos fraudulentos. As probas que aportan abarcan dende a desaparición dunha urna de votos con 15.000 papeletas no seu interior, sospeitosamente "perdidas", ata a conducción dos votantes das zonas máis rurais do país a exercer o seu dereito de voto en autobuses pagados polo partido vencedor. Ademais, sinalan que a campaña foi sucia en extremo debido ás continuas manipulacións mediáticas e ás presións de altos cargos da administración pública, tradicionalmente corrupta e maleable.

Algúns dos periódicos romaneses almorzaban ao día seguinte con titulares como "os donos das urnas non son os nosos donos". A poboación está segmentada entre os seguidores dos antigos comunistas, presentes nas rexións federais do Leste, partidarios de Nastase, antes de Iliescu (antigo comunista que despois liderou a oposición a Ceaucescu) e os partidarios da entrada na Unión, e cansados das deficiencias e penurias dunha economía atrasada e carente de recursos. Anque os datos macroeconómicos melloraron moito -dentro do que cabe- nos últimos años (como exemplo, incrementouse o salario mínimo nun 40%- de 50 a 74 €- e incluso a balanza comercial, estructuralmente deficitaria foi positiva por primeira vez), existe a percepción xeral de que queda moito camiño por recorrer.

Na batalla política romanesa, dous serán os grandes gañadores á hora de pactar a formación de goberno. Por unha banda, a minoría húngara representada polo Partido Maxiar, socio de Nastase no anterior executivo, e por outra, o ultranacionalismo representado por Romania Mare (Romanía Grande), que mantén o seu feudo electoral, e que lamentablemente, deixou de ser unha excepción no escaparate político do leste de Europa (e tamén do Oeste).

Romanía se enfronta á hipótese da súa entrada na Unión con dúbidas acerca de si será ou non capaz de cumprir cos criterios económicos e políticos que Europa lle esixe. Os salarios continúan sendo moi baixos, a inversión na industria escasas, e a débeda exterior sigue crecendo. As infraestructuras básicas necesitan modernizarse e estenderse, a burocracia debe ser saneada e os mesmos romaneses necesitan unha boa dose de optimismo extra para superar as dificultades que implicará o tránsito pola senda comunitaria. Romanía, a pesar da entrada na OTAN, está afastada da Unión Europea. Quedan 760 días para buscarlle un remedio.