A comunidade internacional leva 25 anos perdendo os papeis en Timor. Décadas de esquecemento dos dereitos do povo timorense, mentres as potencias, que comunmente se asocian á Comunidade Internacional, apuntalaron economica e militarmente a corrupción e a dictadura. Nin siquera, logo do recente referendo, os líderes da socialdemocracia, que impulsaron a Terceira Vía, levantaron a voz e impulsaron a oportunidade dunha guerra humanitaria que rematase co xenocidio.
Que Australia, o único país que recoñeceu en 1978 a anexión de Timor no 1976, lidere as tropas de pacificación, en defensa da lexitimidade do referendum de libre determinación dos timorenses, non deixa un de tantos paradoxos e bandeos da política internacional. Hai dez anos asinaba un tratado con Iakarta para explotar o petróleo na “provincia indonesia” de Timor-Leste.
EE UU é o pai da chegada ao poder de Suharto nunha hixiénica campaña vacinación contra do Comunismo en Asia, en tempos, moi quentes, da Guerra Fría.
A Unión Europea tamén coparticipou do negocio das armas e no afianzamento político- económico do réxime dictatorial Indonesio e no hipócrita silenciamento das repetidas masare do povo timorense.
As tímidas decisións da Casa Branca, que rehusou exercer de Xendarme do Mundo, teñen unha pouco coñecida raíz histórica. A administración Eisenhower propiciou o encumiamento, en 1965, de Suharto nunha operaciòn de liquidación do poderoso PKI (Partido Cumunista de Indonesia) deixando como legado, unha das maiores e discretas masacres do Século XX- con .000 mortos en poucos meses. Un típico producto da política exterior Made in USA. Gran parte do cotinuado baño de sangue timorense ten, como instrumentos executores, as armas enviadas tanto por Eisenhower como pola administración Carter.
Nos 33 anos ao fronte do país, Suharto e o seu réxime dictatorial e corrupto, foi sostido militar e finacieiramento pola comunidade internacional.
Formalmente a ONU sempre ten considerado a Timor coma un territorio baixo administración portuguesa, pero as duas resolucións do Consello de Seguridade da ONU, a 384 por unanimidade de 22-12-1975 e a 389 coa abstención de Xapón e EE UU de 22-04-1976, urxindo a retirada das tropas e o dereito inalienable do povo timorense a súa autodeterminación e independencia, non pasaron de seren formulacións retóricas, sen capacidade nen vontade executiva. Nas resolucións da Asemblea Xeral da ONU, que se redactaron nos mesmos termos, os EE UU e Xapón xa votaron en contra e diversas potencias europeas abstivéronse. Diante do paseniño esmoreamento da solidez internacional, a Asemblea xeral da ONU decidiu en 1982 deixar as iniciativas nas mans do Secretario Xeral.
A axuda económica outorgada, en 1993, pola UE e o Xapón de .000.000.000 Pts. contrubuiron a reforzar o réxime corrupto de Suharto. Helmut Kohl asinou, tamén en Iakarta, acordos económicos avaliados ao redor duns mil millóns de dólares.
O parlamento europeo non parou nestes últimos anos de aprobar, sen éxito, resolucións instando ao cesamento na venta de equipamentos militares provenientes da UE. Países como Suecia, pouco asociados ao comercio das armas e que suspendera os envios a Indonesia, nos últimos anos, voltou a exportarlles armamento.
No houbo un intesese da comunidade internacional polo xenocidio. Só o compromiso da igrexa Timorense co seu povo, caracterizada no Premio Nobel e bispo de Dili Mons. Ximenes Belo, a decidia acción exterior de Portugal e a casual difusión dalgunhas das matanzas en masa, pola ventureira presencia de xornalistas mudou o destino do Timor.
Os disturbios durante a visita de Xoán Paulo II en outubro do 1989, a masacre de novembro do 1991 no cimeterio de Santa Cruz con 271 mortos, a detención de Xosé Alexandre Gusmao “Xaxana” nun 20 de novembro do 92; foron acontcementos, todos eles, que serverón de referencia para que José Ramos Horta e o bispo Ximenes Belo compartisen o Nobel do 1996, que non parou as matanzas, pero posiblitou negociacións para unha solución negociada.
A violencia endexamais cesou, valaí o 6 de abril, deste mesmo ano, a policía sacou os cregos da igrexa de Liquiça, lanzou gases lacromóxenos e os 1200 refuxiados na igrexa sofriron a envestida rabiosa dos paramilitares que deixaron un regueiro de 62 mortos, 40 feridos e 14 desaparecidos. Magoa para Iakarta da presencia de xornalistas que difudiron as espeluznantes imaxes.
O 17 dese mesmo mes os paramilitares, baixo a mirada atenta dun “neutro” exército, lanzáronse a cacería en masa de independentistas cun resultado de 30 novos mortos, coa mala pata de que en Dili estaba de visita o ministro de asuntos extranxeiros irlandés.
Do acontecido, logo do referendo, houbo, afortunadamente, suficente literatua e imaxes como para expolear as conciencias mundiais, maís ante tanta orxía de sangue, é hora de preguntar ¿U-la Terceira Via e os gobernantes que lideraron a guerra de Kosovo?, ¿U-la socialdemocracia dos Blair, Schroëder, Jospin, Clinton que aseguraron unha nova orde mundial?¿U-las guerras humanitarias que ían findar cos xenocicios?
A credilididade nas Guerras humanitarias da Terceira vía non resistiu os seus seis primeiros meses.
Francia, Austría e Paises baixo unha troiko da Unión Europea en xuño do 98
Pocas veces saíu á luz o que acontecia na illa. O 27 de xullo do 97 o goberno de Iacarta invita a 90 xornalistas a Dili, para que desen testemuña da marcha de 1000 militares. A saída foi unha bulra. O goberno indonesio quería facer cree que representaban 20% das tropas acantonadas na illa, cando se calcula unha proporción de e armado pro-indonesio por cada 25 habitantes. Algúns xornalistas foron informados que estas tropas volveron desembarcar en Timor, protexidos pola escuridade da noite.
O bispo Belo e o ex- lider do fretilin Xaxana Gusmao mostrandose dispostos ao facer unha concesión aceptando un referendun trucado no que votar si era decir non a autodeterminación