O acordo de Ashgabat

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
Idiomas Galego

En 1977, ao amparo do entón todopoderoso, omnipresente e infalible Kremlin, as repúblicas soviéticas de Kazajastán, Tayikistán, Turkmenistán e Uzbekistán asumiron o encargo de Moscova de abrir negociacións cos gobernos de Kabul e Islamabad para construir un oleoducto que atravesara Afganistán e rematara na costa paquistaní. A sempiterna inestabilidade política afgana e as obsesións anti-indias de Paquistán (a URSS e India subscreberan un tratado de amizade e cooperación) impediron que a proposta saira adiante.

Unha vez derrocado o Sha de Irán, cunha política pro norteamericana que impedía todo diálogo Teherán-Moscú, animou ao rexime estaliniano a propor aos aiatolás chiíes a idea de construir un oleoducto que permitira transportar o crú de Asia Central ata o porto de Bandar-Abbas, nas ribeiras do Golfo Pérsico, xusto no Estreito de Ormuz. As guerras internas e externas en que se embarcaron os teócratas iranís frustraron a negociación.

Sen embargo, agora, 25 anos despois do primeiro intento de construir un oleoducto específicamente deseñado para aliviar os problemas estratéxicos dos campos petrolíferos de Asia Central, finiquitada a URSS e domado o arisco Afganistán, nos últimos días do ano 2002 se firmou na capital de Turkmenistán, Ashgabat, un convenio para facer realidade o oleoducto afgano-paquistaní.

O recén subscrito acordo multilateral foi posible gracias ó amparo de Washington e ós compromisos adquiridos por un abanico de inversores de nacionalidade diversa que actúan en coordinación co Banco Asiático de Desenvolvemento (BAD), que en puridade é o brazo executor do Banco Mundial e do Fondo Monetario Internacional (FMI) no continente asiático.

A execución da obra proxectada, cun orzamento cifrado en 2.100 millóns de euros (valor en decembro de 2002), foi confiada ao consorcio Chalyk Holding, que ten a súa sede en Ankara (Turquía) pero que inclúe no seu accionariado a media ducia de inversores norteamericanos que, á postre, son os que en realidade controlan o holding.

O convenio, á marxe de cuestións económicas, ten unha enorme trascendencia xeopolítica; cousa que, unha vez máis e por desgracia, foi obviada pola maioría de analistas institucionais e independentes de Europa occidental –máxime en España-, donde a noticia pasou prácticamente inadvertida.

A posibilidade de que o petróleo das repúblicas de Asia Central poida ser embarcado na costa do Índico resta valor estratéxico á rexión do Cáucaso, donde se dilucidan pleitos territoriais e seudo-relixiosos cunha orixe –cando menos no orzamentario- que radica nos dereitos e rendas que proporcionan os oleoductos que transportan o crú desde o mar Caspio ata os portos do mar Negro.

As reservas naturais de hidrocarburos existentes en Asia Central (Turkmenistán, Uzbekistán, Kazajastán e Tayikistán) son pola súa contía as segundas máis importantes do mundo, por detrás das existentes na rexión que conforman a Península Arábiga e Mesopotamia (Arabia Saudí, Emiratos Árabes Unidos, Dubai, Qatar, Iraq, Irán).

O pacto subscrito en Ashgabat supón un trunfo para as grandes compañías petroleiras e o grupo de inversores estadounidenses embarcado no asunto. Pero en honor á verdade e para facilitar a futura tarea dos historiadores dedicados a estudiar os detalles do pasado, é obrigado salientar que ese triunfo foi vertebrado sen que interviran os asesores da Casa Branca máis próximos a George W. Bush. É máis, os arrebatos belicistas do presidente de EEUU podería empañar e incluso frustrar o éxito do sector máis pragmático da Administración estadounidense, pois unha intervención militar xeralizada contra Iraq alterará en maior ou menor medida o escenario político de Oriente Medio, o que obrigará a ducias de gobernos, incluidos os de Asia Central e Paquistán, a replantexarse as súas políticas de alianzas.

Por outro lado, o acordo de Ashgabat é, un revés para os xeoestrategas saudíes, iraníes e rusos, aos que por razóns fácilmente comprensibles interesaba manter en segundo plano a producción petrolífera de Asia Central e, ao tempo, perpetuar o secuestro a que están sometidas as exportacións de crú das ex repúblicas soviéticas, cuns gobernos que están obrigados a negociar cun senfín de interlocutores o transporte do seu petróleo ata o mar Negro.

Aínda que o oleoducto afgano-paquistaní non estará operativo antes do ano 2010, segundo previsións que os propios inversores consideraron optimistas, os dirixentes de Moscova e de Teherán están obrigados a replantexar as súas políticas na rexión e, ao mesmo tempo, os líderes da rexón caucasiana -sexn chechenos dun o dtuo signo, así coma os gobernantes xeorxianos e azerís, entre outros- deberán ter en conta que a ubicación estratéxica dos seus países será menos valiosa porque os oleoductos que desembocan no mar Negro deixarán de ser imprescindibles para as trasnacionais petroleiras e para os países que comercializan e consumen crú de Asia Central.

No taboleiro internacional hai peóns, máxime se posúen petróleo, que poden arruinar a mellor das estratexas e derrotar ao máis bregado axedrecista. Se o acordo de Ashgabat sae adiante –a pesar da torpeza xeopolítica de Bush junior-, os Putin e Jamenei, os novos zares económicos de Rusia e os aiatolás, as bandas armadas do Cáucaso e os amigos do río revolto que pululan na rexión, todos sen excepcións, perderían capacidade de manobra. Tempo ao tempo.