Digan o que digan

O despliegue de medios bélicos de EEUU e Reino Unido para atacar Iraq avanza a marchas forzadas e con autonomía plena a respecto de pareceres de líderes políticos, entidades rexionais, Vaticano, e inclusive das sacrosantas enquisas de opinión. Oidos sordos é a resposta ante as manifestacións e peticións que xurden en todo o mundo, tamén en EEUU, ante o que se presenta como un conflicto inevitable, cunha solución bélica pensada e artellada dende hai moitos meses e con independencia das pamplinas diplomáticas. Bush e Blair van por libre, á marxe do mundo.

Os inspectores de armas da ONU necesitan moitos meses máis para revisar se Iraq está desenvolvendo programas de armas prohibidas, aseguraba o pasado luns o director xeral da Axencia Internacional de Enerxia Atómica (AIEA), Mohamed el Baradei, despois de reunirse co ministro francés de exteriores, Dominique de Villepin. El Baradei e Hans Blix, xefe inspector de armas da ONU, deberán presentar o 27 de xaneiro un informe ante o Consello de Seguridade sobre o nivel de progreso acadado na inspección de armas dende que os expertos en armas da AIEA e da Comisión de Verificación e Inspección da ONU regresaron a Iraq hai dous meses.

Aínda no suposto de que Iraq posúa armas de destrucción masiva "cousa que ninguén conseguiu demostrar ata agora de forma irrefutable-, como tamén as teñen EEUU, Rusia, Francia, Reino Unido, China, Paquistán, India ou Corea do Norte, os países máis poderosos económicamente teñen á súa disposición mecanismos de presión internacional para dar unha solución efectiva a este problema sen acudir a unha agresión inxustificable que agravará aínda máis a penuria na que vive a inocente poboación iraquí.

¿A que ven tanto interese? Sacarse a espiña do traballo inacabado en 1991 non parece suficiente. Evidentemente está o petróleo, pero non unicamente. Quen máis en firme aposta pola guerra son os sectores vinculados á industria militar e o lobby xudeu na Casa Branca. Con independencia dos dividendos petroleiros, sempre incertos en tempo de guerra e sempre a partir con outros (franceses, británicos, rusos, fundamentalmente), a mirada de Tel-Aviv se centra na rendabilización desta coxuntura para modificar as fronteiras de Oriente Medio para satisfacer a súa obsesión permanente de seguridade destruindo a un dos seus inimigos máis irreductibles. Nesa estratexia, a derrota de Sadam Hussein sería o primeiro paso dunha iniciativa que podería implicar a Irán e Arabia Saudí e, por suposto, aínda que doutra maneira, a Xordania, donde se proclamaría o estado Palestino, sen Arafat e cos millóns de expulsados dos actuais enclaves formalmente baixo a administración da ANP.

No esquecemento quedará como é lóxico a loita contra o terrorismo, excusa ben argallada para alentar outros propósitos. Como sinalaba hai unhas semanas a ex ministra británica Mo Mowlem: "Todo este asunto non ten nada que ver cunha suposta amenaza iraquí: non existe".

Mentres todo isto acontece, a propia ONU, con defectos pero tamén con acertos, alerta sobre a importancia de activar a loita contra a SIDA en todo o mundo, unha guerra que custaría bastante menos que o impulso bélico contra Iraq ou contra o terrorismo internacional. As cifras de Nacións Unidas estiman un mínimo necesario de dez mil millóns de dólares por ano para afrontar con éxito esa tarea, pero ata agora non obtivo máis de tres. E o maior contribuínte non é ningún país rico, nin tan sequera ningún Estado, senón Bill Gates, o dono de Microsoft. Asi estamos e asi nos vai.