europa agricultura

Amargas vacacións europeas

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Agricultura, clic para aumentar
Non debemos esquecer, sen embargo, a prioridade da limitación do orzamento agrario. A política agraria é a única política integramente europea e financiada a nivel europeo, e ademais é a que ocasiona maiores gastos e máis quebradeiros de cabeza. A agricultura europea atópase nun contexto de desvantaxe comparativa, con maiores controis de calidade e salarios adaptados ó nivel de vida do noso continente, o que fai que sexa máis caro producir e por tanto vender e exportar, zugando desta forma, o 45% do orzamento europeo en axudas, e resistindo, no posible, calquera reforma á baixa.
 

Non hai, de momento, orzamento para a Unión Europea. As negociacións para as perspectivas económicas da UE 2007-2013 están en stand-by. A piques de rematar as vacacións, eurocracia e políticos da UE deberán poñerse mans á obra para endereitar o curso dos acontecementos, ben complicados despois da negativa de franceses e holandeses en referendo, e coa expectativa dun previsible cambio de goberno en Alemaña, o que dificultará as negociacións.

Con todo, é probable un acordo entre a presidencia vixente da Unión (a británica) e a próxima presidencia semestral, que lle corresponde a Austria. En calquera caso, os dous son países con intereses comúns á hora de limitar o gasto comunitario no 1%, en lugar do 1,26%, como desexa a Comisión Europea. Se non hai acordo, o máis probable é que se dea unha das seguintes situacións: ou ben os custos da adhesión dos dez novos membros aprécianse de maneira anual, ou ben non se recollen desa maneira. En calquera caso, a contribución dos estados membros non pode ser inferior ó 1% do PIB, co que se garante un mínimo de continuidade, se ben algúns dos estados membros sopesan ir por debaixo desta cota.

Son moitas as voces que propugnan uns orzamentos plurianuais, pois esa periodicidade é a propia de moitos dos programas, como os programas cadro de investigación, os fondos estruturais e de cohesión, etc. En caso contrario, cómpre un mínimo de estabilidade e de conxuncións nos principios a respectar. Non semella lóxico o que se demanda por parte dos seis países con maior contribución: manter a política agraria común, cohesión nunha Unión Europea con fronteiras cada vez máis amplas, e financiar novos retos, como, por exemplo, a política exterior e de seguridade común, para ser un actor relevante a nivel internacional. Sería un milagre obter tanto con tan só o 1% do PIB. E os milagres en economía …

Os críticos con Europa reclaman recortar, recortar e recortar o gasto. Cómo? Por exemplo, co aforro do 10% en dispensas administrativas, maiores controis sobre as axudas que dependen para a súa concesión das administración dos Estados membros, asentar definitivamente o Parlamento nunha soa sede evitando excesivos desprazamentos, etc. Curiosamente estes críticos coinciden na protección de intereses por áreas nas que os atlantistas son máis favorables ó imaxinario europeo: xustiza, control de fronteiras e liberdades civís, onde habería que gastar "segundo eles" un pouquiño máis.

Non debemos esquecer, sen embargo, a prioridade da limitación do orzamento agrario. A política agraria é a única política integramente europea e financiada a nivel europeo, e ademais é a que ocasiona maiores gastos e máis quebradeiros de cabeza. A agricultura europea atópase nun contexto de desvantaxe comparativa, con maiores controis de calidade e salarios adaptados ó nivel de vida do noso continente, o que fai que sexa máis caro producir e por tanto vender e exportar, zugando desta forma, o 45% do orzamento europeo en axudas, e resistindo, no posible, calquera reforma á baixa.

Agora, coa presidencia nas mans, os británicos desempoaron o vello discurso thatcheriano dos 80 co "juste retour", enrocándose nun discurso tan agresivo como maximalista. Os franceses, pola súa banda, opoñen non menor resistencia a reformar a política agraria, impedindo, polo momento, unha negociación que como sinalou a encargada dos orzamentos europeos, Dalia Grybauskaite, todo acaba sendo excesiva retórica e falla de compromiso por parte dos estados membros. Esta Comisaria asegurou que a Comisión adiantará unha nova proposta de ideas para 2008 que modernicen as actuais perspectivas orzamentarias.

O Parlamento Europeo, terciando na polémica, adoptou o 8 de xuño "antes da reunión dos ministros e dos xefes de estado" un informe do eurodeputado Reimer Böge (EPP-ED) sobre o cadro financeiro 2007-2013, no que se poñía a cura antes da ferida, e advertía ó Consello contra posibles reducións drásticas dos orzamentos en investigación, transporte, protección das fronteiras e política exterior da EU. Pero non foi suficiente para obter o compromiso dos estados. Finalmente, as cousas van quedando como estaban, sen posibilidades de crecemento en novos ámbitos da política comunitaria que requiren máis recursos.