Xulian Maure Rivas no IEM

Maure Rivas, Xulián

Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca (1963) e en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1976), e doutor en Filosofía e Letras. Foi profesor en varios institutos galegos e profesor de Teoría da Lingua Escrita no terceiro ciclo da Universidade de Vigo.

De 1973 a 1978 foi responsable das edicións galegas da Editorial Anaya. Foi un dos fundadores, en 1979, de Edicións Xerais de Galicia, con Germán Sánchez Ruipérez e Camiño Noia. Foi tamén Subdirector Xeral do Libro da Xunta de Galicia, membro activo da Asociación de Tradutores Galegos, desde onde impulsou a creación da Biblioteca Virtual Galega no ano 2000.