Consello Reitor : Vinculación

mxporteiro

Porteiro

Xornalista, escritora e antiga Delegada da Xunta de Galicia en Arxentina. É membro do Consello Reitor do IGADI.


Artigos de Porteiro, María Xosé

Fonte: Wikimedia Anthony Baratier Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0

A perplexidade democrática

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Na primavera pasada fun convidada a participar no ciclo titulado Democracia, pero que Democracia, dentro do ciclo PENSARMOS do Consello da Cultura Galega (CCG), cunha intervención que titulei A perplexidade democrática.Deseguido ofrécese un sucinto resumo dos asuntos abordados no decurso de dúas horas conducidas por Luisa Martínez, pertencente á Sección de Pensamento que dirixe Celia Pereira Porto.
O patrimonio da diáspora vai ben máis alá de Arxentina e Uruguai

As Delegacións da Xunta no exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Sen rango diplomático, mais con competencias abondo -fóra das estritamente consulares, de defensa, de participación en organismos multilaterais, ou similares-, a acción e a política exterior de Galicia chantan os seus alicerces nunha antiga historia diaspórica adiantada á globalización onde case ningunha fronteira nos foi allea. Compartida pola secretaría do mesmo nome coa de emigración, algunhas competencias radican en política lingüística, promoción económica, cooperación ao desenvolvemento e na diplomacia cultural do Consello da Cultura Galega.

Begin the beguine

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Non son tempos propicios á comparación con outros que puidesen orientar sobre escenarios posibles, así que facer calquera análise prospectiva é moi arriscado. A única certeza na que podemos confiar é a seguridade da incerteza. 

A xangada de pedra no camiño da Unión de Estados Ibéricos

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
O contexto internacional máis próximo, está a mudar, superado o statu quo saído da segunda guerra mundial e despois da caída do muro de Berlín no século pasado. A actual globalización económica impón novos procesos e hai tensións centrífugas e centrípetas na visión e conformación das realidades nacionais, e tamén nas plataformas multilaterais. O poder …

Porteiro Ler máis »

Xose Fortes Bouzan 2020

Fortes Bouzán

Xosé Fortes Bouzán, nado en Caroi (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1934, é un militar e historiador galego.

Xulian Maure Rivas no IEM

Maure Rivas

Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca (1963) e en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1976), e doutor en Filosofía e Letras. Foi profesor en varios institutos galegos e profesor de Teoría da Lingua Escrita no terceiro ciclo da Universidade de Vigo. De 1973 a 1978 foi responsable das edicións galegas da …

Maure Rivas Ler máis »

Alejandro Molins 1.jpg

Molíns

Alejandro Molíns é membro do Consello Reitor do IGADI. É graduado en Dirección e Administración de Empresas por ICADE (UPComillas) e en Dirección de Empresas de comercio exterior CECO (UPM) entre outros moitos títulos académicos. Alejandro conta cunha longa traxectoria no mundo da consultoría, auditoría e formación arredor da internacionalización económica (loxística, marketing, compras, negociación, …

Molíns Ler máis »

enrique-saez

Sáez Ponte

É licenciado en Económicas e Dereitos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde desenvolveu distintas funcións de Dirección os últimos catorce. Actualmente é presidente do Grupo Torres & Sáez e da Fundación Juana de Vega. Tamén é patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello …

Sáez Ponte Ler máis »


Artigos de Sáez Ponte, Enrique

Negócios internacionais e afinidades culturais

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Case todos admitimos que os falantes de galego e português têm capacidade de perceber-se, falam línguas muito similares. Tive ocasião de aproveitá-lo durante os 12 anos que fui responsável pela presença do Banco Pastor em Portugal, através de uma filial especializada em fornecer crédito ao consumo a clientes de comércios e empresas de serviços. Case todos os meses passava um par de dias na central do Porto. Desde o princípio, empreguei o meu galego, aportuguesado, com clientes, parceiros, empregado, conselheiros, assessores e autoridades bancárias. A equipa humana era local, tomavam-me como um mais e falavam-me com naturalidade na sua língua. Devo acrescentar que, graças a esse contacto periódico, melhorei muito o domínio de um idioma que não é a minha língua materna.
Creative Commons 4.0 Russian Presidential Executive Office (2020)

Erdogan está máis débil, tamén Putin. Tempos de repensar a OTAN

Liñas de investigación Relacións Internacionais
A reacción da parte máis moderna, urbana i europea non poido evitar, por pouco, que Erdogan repita mandato, trala segunda volta das eleccións, celebrada o 28 de maio. Leva 20 anos á fronte de Turquía, antes como primeiro ministro e, desde o 2014, como Presidente, despois de cambiar a Constitución de modelo parlamentario a presidencialista, con máis poder para o xefe do Estado, elixido directamente polo pobo. É o sistema preferido polos que teñen vontade autoritaria, que ademais tenden a saltarse a limitación de mandatos, precaución necesaria para evitar unha deriva ditatorial nestes réximes.

Nunca canses de ollar o que pasa no mundo

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Cando Xulio empezou, hai máis de trinta anos, a estudar o que ocorría polo planeta adiante e creou o Instituto Galego de Análise e  Documentación Internacional (IGADI, 1991) conectaba cunha necesidade urxente dun país que transitaba, en poucos anos, dunha situación demasiado pechada a outra moi aberta.

O galego, un barco para navegar o mundo

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Nos duros tempos dos dous últimos séculos moitos galegos tiveron que emigrar, baleirando o espazo rural que non podía manter toda a poboación que tiña. Espalláronse por América e despois por Europa. Na diáspora americana confluíron con españois doutras zonas; agás no caso do Brasil, onde case toda a emigración española procede da Galiza, porque …

Sáez Ponte Ler máis »

Hai cen anos que desapareceu a Galicia centroeuropea

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Houbo unha Galicia en Centroeuropa que desapareceu como consecuencia do tratado de Versalles (11-11-1918). Este rematou coa Primeira Guerra Mundial e tamén co que quedaba do Imperio Austrohúngaro, no que había unha provincia chamada Galicia. Non tiña relación directa coa nosa Galicia pero, aínda así, coido que é interesante lembrar o centenario do seu fin. …

Sáez Ponte Ler máis »

Irlanda está perto da reunificación

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Neste confuso 2020 conflúen varios factores favorábeis para que Irlanda sexa un só Estado e supere, un século despois, a división imposta pola potencia colonial no 1921, cando se asinou o tratado que deu fin á súa guerra de independencia.

O portugués non é lingua estranxeira

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Considerar o portugués como lingua estranxeira é un grave problema de diagnóstico. A causa delo, a vantaxe de que o galego e o portugués compartan tronco lingüístico estase convertendo nun obstáculo real para o achegamento da xuventude ao emprego da lingua irmá, cando tiña que ser o contrario.

Irlanda di non, Europa frea

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
  A Constitución Irlandesa obrigaba a convocar un referendo sobre o Tratado de Lisboa, o acordo que tiña que servir para recuperar a senda da reconstrución europea, enchendo o oco deixado polo chamado Tratado Constitucional, tumbado por sendos referendos en Francia e Holanda no 2005. O 12 de xuño pasado, os irlandeses dixeron non ao …

Sáez Ponte Ler máis »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Ler máis »


Artigos de Martínez Rivas, Emilio Manuel

A tropa de Putin

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Segunda metade dos setenta. Meu pai sentaba na sala e poñíase a ler unha revista. Eu sentábame perto del rodeado dos meus tebeos: “El Jabato”, “Capitán Trueno”, “Zipi-Zape”, “Mortadelo y Filemón”... pasábamos un bo rato enfrascados na lectura e de vez en cando o meu pai facía algún comentario en alto, que eu non entendía. Algunha tarde, mentres se levantaba a facer café ou a falar coa miña nai, collía a súa revista e vía que tiña moita letra, moitísima letra, algunhas fotos e apenas algún debuxo, que ao contrario dos dos meus contos eu non entendía: nin chisca de gracia tiñan pensaba. Nin sequera os libros da escola tiñan tanta letra. Dende a miña visión de neno de pouco mais de dez anos aquela revista formaba parte do mundo incomprensible dos maiores, un mundo co que nos ameazaban cando en voz alta dicían aquela frase coa que remataban moitas discusións: “Cando sexas maior xa o entenderás”.
Bandeira de Ucraína

Armas para Ucraína

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
En maio do ano pasado morreu en Saint Jean de Verges, Josep Almudéver Mateu. Tiña 101 anos. Josep Almudéver nacera en 1919 en Marsella, nunha familia de orixe valenciano, de Alcasser, o que lle permitiría contar con pasaporte español. En 1937, con apenas 17 anos, integrouse nas Brigadas Internacionais. Foi capturado en Alacante en 1939 e condenado inicialmente á pena de morte, posteriormente conmutada. Ao saír da cadea colaborou coa Agrupación Guerrilleira de Levante e Aragón ata que en 1946 exiliouse a Francia, ao caer parte da rede de axuda aos guerrilleiros. A súa vida ben podería dar para unha película, como a vida de David Carr, o brigadista inglés que é protagonista de “Terra e Liberdade”, a película que en 1995 dirixiu Ken Loach.

Co pobo ucraniano, co pobo ruso

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A liberdade de prensa e a liberdade de expresión son piares fundamentais dun estado democrático. O feito de votar cada certo tempo espazo convértese nunha pantomina si as persoas, os partidos políticos e as organizacións sociais non teñen a posibilidade de dirixirse á cidadanía, si non existen medios de comunicación libres e plurais que difundan as reflexións, as novas, as reportaxes e as investigación que nos axuden a formar opinión e tomar as nosas propias decisións.
luisalvarezpousa

Álvarez Pousa

Membro do Consello Asesor do IGADI


Artigos de Álvarez Pousa, Luís

Libro homenaxe a Xulio Rios Paredes

O internacional nos medios CORTE E CONFECCIÓN

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
En que medida os medios de comunicación son un espello fiel do mundo? Quen se fai esta pregunta é o escritor e reporteiro polaco Ryszard Kapunscinsky nun momento do discurso co que agradecía en Estocolmo a concesión do premio Stora Jurnalstpriset. A resposta tamén é súa: os medios de comunicación reflectan o mundo dun modo moi superficial e fragmentario.

Nos 30 anos do IGADI

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Paradiplomacia
Trinta anos atrás, o mundo reconducía décadas de confrontación bipolar -a guerra fría-, e abríanse espazos nos que a comunidade internacional tiña a oportunidade de desafiar novos camiños de entendemento para a superación de conflitos. Coa revolución tecnolóxica permeabilizando a imparable transición cara un novo sistema de relacións baseado nun esperanzador reequilibrio de poderes. É …

Álvarez Pousa Ler máis »

11-S: O prezo a pagar

Apartados xeográficos ARQUIVO Estados Unidos
A imaxe que un garda daquel 11-S de hai dez anos é máis cinematográfica que informativa. Vimos unha e cen veces a secuencia na que dous avións chocaban coas Torres Xemelgas, pero o que ese espectacular acontecemento causou non o poidemos visualizar, sempre a contagotas e con imaxes tomadas por testigos espontáneos, ata moito tempo …

Álvarez Pousa Ler máis »

11-S: O prezo a pagar

Apartados xeográficos Estados Unidos
A imaxe que un garda daquel 11-S de hai dez anos é máis cinematográfica que informativa. Vimos unha e cen veces a secuencia na que dous avións chocaban coas Torres Xemelgas, pero o que ese espectacular acontecemento causou non o poidemos visualizar, sempre a contagotas e con imaxes tomadas por testigos espontáneos, ata moito tempo …

Álvarez Pousa Ler máis »

O poder de wikileaks

Apartados xeográficos ARQUIVO Outros
A filtración a través da web Wikileaks de 400.000 documentos contendo milleiros de actos ilícitos ou delictivos cometidos durante a guerra de Iraq, que o Departamento de Defensa norteamericano mantivo secuestrados até agora, volve poñer de manifesto que a información sempre resulta ser a primeira vítima dunha guerra. Pero nunca soubemos tan minuciosamente como agora …

Álvarez Pousa Ler máis »

Nobel xusto e oportuno

Apartados xeográficos China e o mundo chinés ARQUIVO
O comité noriegués dos Nobel pode darse por satisfeito. A histérica reacción das autoridades chinesas calificando de “obscenidade” haberlle concedido ao disidente Liu Xiaobo o da Paz confirma que deu no cravo. Contraataque fallido. Nunca unha boa autodefensa diplomática se saldou en positivo utilizando como munición unha argumentación moral, non política. Tampouco a prensa oficial, …

Álvarez Pousa Ler máis »

Vergonzosa impunidade

Apartados xeográficos Rusia
O petróleo fai milagres. Un dos máis chamativos, o da comunidade internacional perdonándolle a vida a Vladimir Putin antes e despois de que Moscú anunciara, fai agora un ano, que chegara a fin da guerra contra o terrorismo en Chechenia.

Vergonzosa impunidade

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
O petróleo fai milagres. Un dos máis chamativos, o da comunidade internacional perdonándolle a vida a Vladimir Putin antes e despois de que Moscú anunciara, fai agora un ano, que chegara a fin da guerra contra o terrorismo en Chechenia. Non hai en Europa un lugar no que os dereitos humanos se veñan atacando con …

Álvarez Pousa Ler máis »

Forza bruta e criminal

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
  As causas máis fondas do conflito árabe-israelí cébanse no sistema, e non terá por iso solución ata que o mundo entenda o irreductible antagonismo existente entre xudaísmo e sionismo. [Foto: "Basta de masacrar niños", protesta ante a embaixada israelí en Cidade de México o 6 de xaneiro de 2009].   A masacre que o …

Álvarez Pousa Ler máis »

Obama, soño e realidade

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
  Obama é un político do establishment. Retirará as tropas de Iraq antes de 2010, pero xa comprometeu co Pentágono o envío de máis militares a Afganistán, que formará parte canda a crise do turbocapitalismo, a enorme débeda acumulada, a dependencia enerxética, o cambio climático, as grandes bolsas de pobreza e o paro, do seu …

Álvarez Pousa Ler máis »

imgpunal

Martínez Puñal

Profesor emérito de Dereito Internacional da USC e membro do Consello Reitor do IGADI.


Artigos de Martínez Puñal, Antonio

Capa da obra "Direitos Humanos, Fraternidade e Justiça Social na Sociedade em Rede"

Direitos Humanos, Fraternidade e Justiça Social na Sociedade em Rede

O livro objeto desta apresentação é dedicado aos Direitos Humanos, à Fraternidade e à Justiça Social, tendo como contexto uma avaliação contemporânea: no caso, as três temáticas são examinadas pela dinâmica da Sociedade em Rede, constituindo-se assim em quatro macro temas, cujas expressões detêm conceitos próprios que lhes dão identidades e características o bastante para serem reconhecidas no mundo da ciência.
Sahara. Wikimedia Foundation

O Estado Saaraui e a inconstitucionalidade da carta do Presidente Pedro Sánchez ao Rei de Marrocos

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Falar sobre o conflito do Saara Ocidental leva-nos inexoravelmente a falar do seu direito de autodeterminaçom, recolhido em numerosas ocasions pola ONU e pola Corte Internacional de Justiça, no seu Ditame do 14 de abril do 1975, no qual reconhecia “o direito das povoaçons do Saara Ocidental à autodeterminaçon”. Contodo, o Acordo tripartito de Madri …

Martínez Puñal Ler máis »

Crise global, reestruturación internacional e supervivencia da Humanidade

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A institucionalidade internacional que debería de pilotar a globalización, máis aló dalgunha proposta fragmentaria, fai augas por todas as beiras, deixando á deriva, pese ao crecemento do comercio mundial e dos incontábeis avances nas telecomunicacións, a solución dos graves problemas presentados por aquela. Fai xa bastantes anos, nun Seminario Internacional da UNESCO, citabamos unha serie …

Martínez Puñal Ler máis »

Crise global, reestruturación internacional e supervivencia da Humanidade

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A institucionalidade internacional que debería de pilotar a globalización, máis aló dalgunha proposta fragmentaria, fai auga por todas as beiras, deixando á deriva, pese ao crecemento do comercio mundial e dos incontábeis avances nas telecomunicacións, a solución dos graves problemas presentados por aquela. Fai xa bastantes anos, nun Seminario Internacional da UNESCO, citabamos unha serie …

Martínez Puñal Ler máis »

A Unión Europea condena a Marrocos

Apartados xeográficos África ARQUIVO
O Consello de Seguranza: outro paso máis cara o seu descrédito. A instancias de México e outros estados membros do Consello de Seguranza das Nacións Unidas, este tratou o pasado día 16 o tema dos últimos sucesos na antiga provincia do Sáhara Occidental en tempos de Franco. O Consello, hipotecado polos países permanentes con dereito …

Martínez Puñal Ler máis »

Un papel para Galiza no Bicentenario

Apartados xeográficos ARQUIVO Acción exterior de Galicia
Se ben era de esperar por parte de España, con todo o seu papel histórico colonial, un maior protagonismo en todo o que rodea ao Bicentenario, tamén era de esperar unha actuación máis relevante neste asunto por parte das súas Comunidades Autónomas cunha grande traxectoria emigratoria cara ao continente americano. Algunhas delas, profundamente debedoras dos …

Martínez Puñal Ler máis »

Temus novus para a América Latina

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO
Comezada a cadea de conmemoracións dos douscentos anos do movemento emancipador das repúblicas pertencentes ao antigo Imperio español, o groso das celebracións producirase neste 2010, particularmente no presente segundo semestre, aínda que quedarán pendentes algunhas para os futuros anos. Desde diferentes tribunas de natureza política, informativa, académica, etc., obsérvase nos países implicados unha coincidencia con …

Martínez Puñal Ler máis »

U-la España e a UE no bicentenario?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO
O Bicentenario da independencia das repúblicas hispanoamericanas debería constituir, ao noso modo de ver, unha oportunidade excelente para propiciar un novo diálogo entre todos, aquén e alén do océano, dentro dun exquisito respecto á diversidade. Sería bo no seu marco facermos un exame profundo en canto ás realizacións habidas desde aquelas datas emancipadoras no campo …

Martínez Puñal Ler máis »

Tempus novus para a América hispana

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Comezada a cadea de conmemoracións dos douscentos anos do movemento emancipador das repúblicas pertencentes ao antigo Imperio español, o groso das celebracións producirase neste 2010, particularmente no presente segundo semestre, aínda que quedarán pendentes algunhas para os futuros anos. Desde diferentes tribunas de natureza política, informativa, académica, etc., obsérvase nos países implicados unha coincidencia con …

Martínez Puñal Ler máis »

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

671.000 persoas refúxianse en Gaza en instalacións da UNRWA

O “imperio do mal”

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Hai un mundo que asiste indignado e á vez impotente ante a reiteración das masacres do exército de Israel contra a poboación civil palestina asasinando miles de nenos e nenas e bombardeando sen piedade dende hospitais a campos refuxiados. E hai outro mundo gobernamental cómplice inmutable desas accións. O Sur Global é quen sustenta a denuncia do abandono dos palestinos á súa sorte sen importar o custe en vidas humanas que reviste xa a condición de limpeza étnica e ata xenocidio, tal e como denunciou Nacións Unidas.

No mundo con mirada propia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O mundo é hoxe un amplo espazo no que os diversos actores cooperan e compiten en función das súas expectativas e intereses nun contexto de fluidez nunca vista. E a diferenza doutros pasados, é cada vez máis perceptible o recoñecemento ao papel de instancias diferentes aos suxeitos tradicionais, os estados, desenvolvéndose políticas inclusivas para incorporar ás dinámicas globais aos axentes subestatais e ás propias sociedades civís, que operan como arietes incisivos dunha transformación máis profunda da comunidade internacional.
Joe Biden e Ursula von der Leyen na reunión especial da OTAN ou do G7 de marzo de 2022. Fonte: Office of the President of the United States

Crer en Europa

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Europa ten na crise de Oriente Medio unha oportunidade de ouro para exercer esa autonomía estratéxica que di pretender. Tristemente, o liderado da Unión Europea, de signo maioritariamente conservador nas súas principais institucións, navega na dirección contraria. O seguidismo estadounidense é suicida para a política europea. A ollos especialmente do Sur Global, pero tamén de moitos cidadáns da unión, Europa perde credibilidade a pasos axigantados.
Bombardeos sobre a Franxa de Gaza nunha imaxe divulgada por UNRWA o 10 de outubro © @UNRWAes

Os dividendos da guerra

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Arrepía o fragor da nova guerra no Medio Oriente. As vítimas civís cóntanse por miles e todo indica que nos esperan días amargos, moi especialmente en Gaza, á espreita da vinganza israelí. Se a crise humanitaria adquire xa grandes proporcións, o peor está por vir.
Bandeira de Armenia

Armenios

Apartados xeográficos Europa Asia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Triste sino o do pobo armenio. Explicaba en Que foi daquel soño? (Xerais, 1992), como Nagorni-Karabaj converterase para o mundo na referencia primeira do estoupido do problema nacional na URSS nunha das súas vertentes, a étnica, a máis perigosa e violenta. O eco daquel conflito sen pechar chegou ata os nosos días...
Salvador Allende como candidato presidencial en 1970, Chile., na Revista arxentina Primera Plana, Nº 404, 27 de outubro de 1970 (Public domain)

Chile á vista

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nos anos setenta, a experiencia chilena era seguida con curiosidade e esperanza en todo o mundo. Tamén naquela Galicia que se asomaba ao final do franquismo e que tiña no maxín as andanzas por aquelas terras de Blanco Amor ou Suárez Picallo. Para moitos, o golpe de Augusto Pinochet non foi sorpresa; mais ben, un exemplo, de libro diriamos, da temida angustia da Casa Branca, moi preocupada polo efecto da Revolución Cubana en América Latina.