Eduardo Daniel Oviedo é investigador principal do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas (CONICET) e profesor de Historia das Relacións Internacionais Contemporáneas na Facultade de Ciencias Políticas e Relacións Internacionais da Universidade Nacional de Rosario (UNR), Arxentina. Profesorado de categoría 1 do Sistema de Incentivo Docente do Ministerio de Educación da Nación. Postdoctorado pola UNR e doutor en Ciencias Políticas pola Universidade Católica de Córdoba. Máster en Dereito, pola Universidade de Pequín, China.
É autor dos libros «Arxentina e Asia Oriental», «China en expansión», «Historia das relacións internacionais entre Arxentina e China»; e editor de “Investimentos de Corea, China e Xapón na Arxentina”, “Arxentina e os países de Asia Oriental”, coeditor de “Foro Internacional sobre Confucianismo: Diálogos entre las civilizaciones de China y América Latina”. Ademais, escribiu máis de douscentos artigos en castelán, inglés ou chinés. Tamén traballou como tradutor de chinés para os presidentes de Arxentina entre 1996 e 2010. Fai parte do Consello Científico da revista do IGADI, Tempo Exterior.