China e o mundo chinés : Apartado xeográfico

Artigos de opinión e análise relacionados con China e o mundo chinés

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

China a cabalo dunha nova etapa de consolidación internacional

No último ano, China consolidou a súa posición como un dos actores centrais do sistema internacional. A evolución da súa economía, a súa crecente influencia no chamado “Sur Global”, a rivalidade estratéxica con Estados Unidos e o seu papel nas institucións internacionais configuran un escenario dinámico para a gobernanza global. Neste contexto, o papel de China na política internacional durante os últimos tempos pode entenderse como o intento de equilibrar tres obxectivos: manter o crecemento económico, expandir a súa influencia xeopolítica e xestionar unha relación cada vez máis competitiva coas potencias occidentais.

China a cabalo dunha nova etapa de consolidación internacional Ler máis »

saic motor 600

SAIC en Ferrol: Galicia na nova xeografía industrial de China

A posible chegada de SAIC a Ferrolterra constitúe moito máis que un novo proxecto empresarial. Hai varios elementos que permiten distinguir o proxecto de SAIC de experiencias anteriores.

SAIC en Ferrol: Galicia na nova xeografía industrial de China Ler máis »

Top view of roll of dollar bills on colorful flag of United Stated of America symbolizing pride and unity

Trump Vs China: A vaquiña polo que vale

Permanecer cegos ante o mercado chinés non é unha opción intelixente para as empresas do país. Se ben a primeira potencial mundial en termos de PIB continúa a ser EEUU, o país asiático avanza a ritmo constante no proceso de achegamento ao líder.

Trump Vs China: A vaquiña polo que vale Ler máis »

A Boveda

Mércores 6 de maio na AC Alexandre Bóveda: A política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica

Dentro do ciclo “Pensando o Futuro” da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o mércores 6 de maio ás 19.30 h Daniel González Palau falará na Coruña da política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica. Achegarase aos fundamentos históricos e á evolución da política exterior chinesa ao longo das últimas décadas. Prestarase unha especial atención aos debates

Mércores 6 de maio na AC Alexandre Bóveda: A política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica Ler máis »

IGADI — Espana China 4x5

España-China o 23 de abril na IGADI TV: Falaremos da viaxe do Presidente da Xunta?

O xoves 23 de abril entre as 17h e as 20h, ofreceremos un programa de televisión por internet centrado nas relacións entre España e China. O programa é froito da nosa longa historia de seguimento das transformacións da República Popular de China desde o 1991, un ámbito no que o IGADI-Observatorio da Política China é un referentes internacional.

España-China o 23 de abril na IGADI TV: Falaremos da viaxe do Presidente da Xunta? Ler máis »

Peng Liyuan, Xi Jinping, Donald Trump e Melania Trump na entrada de Mar-a-Lago, abril de 2017

Que gaña China nesta guerra?

A China espántalle a inestabilidade. De Lao Zi a Confucio, pasando por Sun Zi, a guerra non só non é desexable, senón un recurso lamentable e excepcional. A sabedoría chinesa está inzada de advertencias directas, mesmo viscerais, contra o belicismo, configurando unha tradición estratéxica que sitúa a harmonía no cumio dunha orde social asentada na concordia como principio reitor do pensamento clásico.

Que gaña China nesta guerra? Ler máis »

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
salvador

China: a receita do prodixio ¿Cómo chegou ata aquí? Salvador Beltrán Talamantes, Valencia, Editorial Tirant Lo Blanch (2025)

¿Quen non se preguntou como é posible que China, o segundo país máis pobre do mundo a mediados do século XX, sexa hoxe a segunda economía global e estea a disputar a primeira posición?

China: a receita do prodixio ¿Cómo chegou ata aquí? Salvador Beltrán Talamantes, Valencia, Editorial Tirant Lo Blanch (2025) Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos China e o mundo chinés
igadi nos no mundo 2025 weintheworld pages to jpg 0001 1

Da Lei Paz Andrade ás relacións de Galicia e España coa lusofonía: o caso Macau

Artigo orixinalmente publicado no Informe anual da Acción Exterior de Galicia -Nós No Mundo 24-25

Da Lei Paz Andrade ás relacións de Galicia e España coa lusofonía: o caso Macau Ler máis »

Trump e Xi nun encontro en Florida no ano 2017. Fonte: Wikimedia

O mundo que vén: áreas de influencia?

A brutal agresión imperial do réxime de Donald Trump foi aliñada co hipotético propósito de establecer -e supostamente recoñecer- esferas de influencia exclusivas xunto a outros actores como Rusia e China, os únicos competidores substanciais que, a nivel global, demostran unha firme vontade de exercer a súa plena soberanía.

O mundo que vén: áreas de influencia? Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais