facundo

Reyna-Muniain, Facundo

Sociolingüista arxentino de orixe galega e vasca por parte materna. Estudou Letras na Universidade de Bos Aires (UBA), para posteriormente licenciarse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela (USC) onde logo cursou o Máster en Estudos da Literatura e da Cultura. Doutorouse en Lingüística Iberorrománica pola Universidade de Bremen (Alemaña) coa tese “Lingua e identidade no contexto da diáspora, a lingua galega en Bos Aires”. Tralo que se desempeñou como lector de galego na Universidade de Kiel, como consultor do European Centre for Minority Issues (ECMI). Entre os seus intereses de investigación ten traballado sobre diferentes aspectos da diáspora, política lingüística familiar, medios de comunicación en linguas minoritarias. Na actualidade é investigador externo do Instituto da Lingua Galega (ILG), docente da Europa Univesität Flensburg (EUF), e na Christian Albrechts Universität de Kiel (CAU) além do Instituto Cervantes de Hamburgo.


Artigos de Reyna-Muniain, Facundo

Nós no Mundo 2024

O papel das galegas e galegos de Arxentina

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A Galicia arxentina ten moito que dicir na nosa identidade. Non podemos fitarnos no espello sen ver os trazos de tantas mulleres e homes que uniron estes dous finisterres no andar dos séculos. Forma parte do tapiz colectivo, desta construción social e histórica que hoxe nos sitúa no mundo dun xeito tan singular. Chegamos aos confíns da terra explorando horizontes, perseguindo soños e convivindo en paz con “outredades” en todas as latitudes do globo. Neses camiños enriquecemos a nosa propia historia. Galicia, tal e como a coñecemos hoxe, non se entende sen o percorrido infatigable das súas xentes. E Arxentina merece un capítulo especial.