Europa : Apartado xeográfico

Artículos de opinión y análisis relacionados con Europa

Un mundo sen Leste

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO

¿Revolución ou involución? Dez anos despois da caída do muro de Berlín, a faciana que nos presenta a realidade política, económica e social dos países do Leste europeo, incluído todo o espacio ex-soviético, está ben lonxe das expectativas ilusionantes que alimentaron as primeiras e radiantes esperanzas dos cidadáns desa outra Europa. Á frustración que se …

Un mundo sen Leste Leer más »

A extrema dereita, no corazón de Europa

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO

Finalmente a alianza da Unión Democrática do Centro (UDC) na que esta integrado o Partido Popular Suizo (SVP) de Christoph Blocher converteuse na opción máis votada nas eleccións federais . O sistema de distribución territorial permítelle aos socialdemócratas (SP) manterse como o grupo con maior representación. A terceira forza seguirá a ser o Partido Radical …

A extrema dereita, no corazón de Europa Leer más »

O debate sobre a ampliación da UE queda aberto

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO

A Comisión Europea aprobou, o pasado mércores, a estratexia de ampliación da UE. Sobre a proposta da Comisión deberá decidir o Consello Europeo a celebrar en decembro en Helsinqui. Aínda que non se estableceron datas definitivas para as negociacións sinalouse que as primeiras novas adhesións poderían producirse o 1º de xaneiro do 2003 sen que …

O debate sobre a ampliación da UE queda aberto Leer más »

Incertezas austríacas

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO

As previsións confirmáronse. O ultradereitista Partido Liberal (FPÖ) de Haider converteuse na segunda forza política de Austria superando ao Partido Popular (ÖVP). A victoria dos socialistas (SPÖ) non é suficiente nin pode ocultar a perda de seis escanos. A formación do futuro goberno austríaco semella ben complicada despois de que os populares teñan anunciado o …

Incertezas austríacas Leer más »

Previsible avance da extrema dereita en Austria

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO

As lexislativas do 3 de outubro poden confirmar as previsións de intención de voto que anuncian un importante avance do ultradereitista Partido Liberal (FPÖ) de Haider que podería converterse deste xeito na segunda forza política do parlamento austríaco. Coas súas proclamas racistas contra os inmigrantes procedentes do Leste, tense consolidado como referente político para os …

Previsible avance da extrema dereita en Austria Leer más »

Sorpasso no Leste de Alemaña

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO

As eleccións do pasado domingo no land de Saxonia, na antiga RDA, non supuxo ningunha novidade a respecto do gañador, a dereita da CDU mantén a absoluta maioría cun 57%. Pola contra, entre a oposición, si se deron movementos electorais que confirman unha perda de apoio da coalición gobernante verde-socialdemócrata. O partido do chanceler Schröeder, …

Sorpasso no Leste de Alemaña Leer más »

Debate na “terceira vía”: Schröder critica a Lafontaine

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO

Tanto Anthony Blair como Gerard Schröder, principais defensores do que o director da London School of Economics, Anthony Giddens, denominou "a esquerda do centro", teñen que facer fronte nos últimos tempos a fortes discrepancias coa súa liña de actuación no seo dos partidos que os sustentan, Laborista e SPD respectivamente. No caso alemán o debate …

Debate na “terceira vía”: Schröder critica a Lafontaine Leer más »

Memoria polaca

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO

Conforme se aproxima o décimo aniversario da caída do muro de Berlín, avanzan os preparativos para conmemorar tan transcendental data; especialmente na Alemaña, que a pesar do controvertido resultado do proceso de unificación, engrandecerá a efémeride, capitalizando simbólicamente a fin da guerra fría e da Europa bipolar. Mil e un actos se anuncian para lembrarnos …

Memoria polaca Leer más »