China : Palabra chave

pt Visita CCCM Galicia 1

Macau, estratéxico para a economía galega?

As primeiras evidencias da cultura chinesa en Macau datan entre 4000 e 6000 anos. Tras formar parte durante diferentes dinastías da provincia de Cantón, de Nanhai e Dongguan, no século XII pasou a depender administrativamente do novo distrito de Xiangshan. Pero Macao non se desenvolveu como establecemento importante ata a chegada dos portugueses en 1513. Pero non foi ata 1553 que comezou a presenza permanente lusa en Macao, cando comezaron a establecer almacéns de comercio en terra. Tanto comerciantes portugueses como chineses afluíron a Macao, que rapidamente se converteu nun polo importante no desenvolvemento do comercio de Portugal con India, China do sur, Xapón, e Sueste Asiático. Máis tarde, Macao foi alugado por Portugal ao Imperio chinés como porto comercial (1557), os portugueses pasaron a administrar a cidade durante máis de tres séculos baixo autoridade e soberanía de China. A pesar do trunfo español na batalla de Alcántara (1580), da unificación ibérica e o recoñecemento da soberanía de Felipe II, Macao mantivo a súa autonomía, o seu comercio e a bandeira de Portugal.

Macau, estratéxico para a economía galega? Leer más »

sinizacion xulio

China: planificación ou mercado?

En China veñen de aprobarse as liñas mestras do novo plan quinquenal, que marca obxectivos ata 2030 e fixa un horizonte estratéxico mínimo en 2035, cando se prevé alcanzar o primeiro chanzo do xiísmo, ese enfoque de longo prazo que proxecta o seu horizonte ata 2049, primeiro centenario da fundación da República Popular Chinesa. Xogando nesas longas franxas temporais, China leva tempo competindo noutra liga.

China: planificación ou mercado? Leer más »

Gráfico publicado por Paul Krugman no seu blog o 15 de outubro do 2025

Poderíos históricos

A invocación do esplendor pasado é parte activa da narrativa que determina a maior competencia estratéxica do noso tempo, entre os EUA e China. Cando Trump afirma que o seu programa aspira a facer a América grande de novo, non está moi lonxe do xa adiantado polos dirixentes chineses dende hai décadas, unha modernización entendida como a recuperación da grandeza perdida. Se estes, en espiral ascendente, invocan un pasado algo remoto, en Washington a obsesión radica en impedir o declive a calquera prezo.

Poderíos históricos Leer más »

pt Visita CCCM Galicia 1

Macau, lusofonía e Galicia: cara a unha nova xeografía educativa.

A semana pasada Galicia foi escenario de debate e proxección internacional sobre a cooperación entre a Unión Europea, China e a lusofonía. Esta iniciativa, promovida polo IGADI e o Centro Científico e Cultural de Macau (Portugal), marca o comezo dun novo momento para analizar a importancia e a proximidade dun futuro máis conectado a China, especialmente grazas á crecente expansión e cooperación académica das institucións educativas de Macau.

Macau, lusofonía e Galicia: cara a unha nova xeografía educativa. Leer más »

Fonte: Wikimedia, Philip Nalangan

Outubro, o mes do novo Macau

Hai un novo Macau, e outubro é o mes perfecto para coñecelo. A Rexión Administrativa Especial (RAE) de Macau, cuxa imaxe se mantivo durante anos estancada como a dunha cidade-casino de raíces portuguesas, realiza desde comezos deste ano un gran esforzo por proxectarse como unha cidade internacional e un punto de encontro entre as culturas chinesa e occidental.

Outubro, o mes do novo Macau Leer más »

sinizacion xulio

Confucio & Mao

¿Un socialismo con peculiaridades chinesas ou unha China con peculiaridades socialistas? Como explico en “Marx & China. La sinización del marxismo” (Akal, 2025), a adaptación é o signo principal da política chinesa contemporánea. Sen embargo, ao analizar a súa evolución, hai tempos ben marcados. No maoísmo, por exemplo, tanto antes como despois do triunfo da revolución, esa adaptación referiuse en exclusiva ao marxismo ao tempo que amosaba unha clara liña de continuidade respecto ás críticas á cultura tradicional habituais nos movementos modernizadores que dende o século XIX fixaban a súa atención nas correntes intelectuais procedentes dun Occidente de signo emancipador fronte ás servidumes do pensamento clásico chinés.

Confucio & Mao Leer más »

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos China y el mundo chino
Xi Jinping presentou a IGG no marco da cimeira da Organización de Cooperación de Shangai no mes de setembro do 2025, días antes da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Cimeira em Pequim: a nova ordem internacional em gestação

A recente cimeira em Pequim, que juntou dezenas de líderes mundiais para assinalar os 80 anos da vitória na Segunda Guerra Mundial, foi muito mais do que um desfile militar. O enquadramento, a narrativa e os símbolos escolhidos legitimaram a liderança de Xi Jinping, demonstraram a modernização das forças armadas e reforçaram a imagem da China como vencedor da guerra e garante da ordem internacional pós-1945. O próprio discurso de Xi apresentou o país como “imparável”, ancorando a memória da guerra numa mensagem de que “a paz exige força” e projetando a China como contribuinte para a paz e segurança internacionais. Em termos visuais, a parada mostrou capacidades militares de longo alcance, numa mensagem externa de poder e interna de segurança.

Cimeira em Pequim: a nova ordem internacional em gestação Leer más »

IGADI 3a edicion das Xornadas Ferrol no mundo do seculo XXI Galicia e China no dialogo Oriente Occidente xeral

El 29 de octubre llega la 3ª edición de las Jornadas “Ferrol en el mundo del siglo XXI: Galicia y China en el diálogo Oriente-Occidente”

Las Jornadas fueron concebidas en el marco del Convenio entre la Universidad de A Coruña y el IGADI, así como los Planes anuales de trabajo con el Campus Industrial de Ferrol. La iniciativa cuenta también con el apoyo de Casa Asia (consorcio público liderado por el Ministerio de Asuntos Exteriores, UE y Cooperación de España). Se desarrollarán en el Salón de Grados de la Facultad de Humanidades, el miércoles 29 de octubre entre las 16:30 y las 20:00 h.

El 29 de octubre llega la 3ª edición de las Jornadas “Ferrol en el mundo del siglo XXI: Galicia y China en el diálogo Oriente-Occidente” Leer más »

“Declaración de Pequín” o 23 de xullo de 2024, por parte das delegacións dunha ducia de faccións palestinas, incluídas Fatah e Hamás. Fonte fotografía: Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China.

China, de Ucraína a Gaza

Na asemblea xeral que a ONU celebrou en New York, o Presidente Volodymyr Zelensky, voltou pedir a China que presione a Rusia para que acepte un cese das hostilidades. Na mesma tribuna, o colombiano Gustavo Petro instaba a China a ser parte dunha acción militar para frear o xenocidio israelí. Pero, que tanto pode facer China para traer a paz?….

China, de Ucraína a Gaza Leer más »