Xunta Directiva : Vinculación

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions …

Alejo Leer más »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Leer más »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Leer más »

tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito …

Santiago Leer más »

marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de …

Padin Novas Leer más »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Leer más »

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Os quebradeiros territoriais de Kostunica

Apartados xeográficos ARCHIVO Balcáns
Os “radicais” cambios experimentados nas últimas semanas en Belgrado en pouco contribuíron a reducir as tensións entre Serbia e Montenegro. Para boa parte do goberno e da sociedade montenegrina, Kostunica é simplemente outro nacionalista serbio. Pero tamén aquí a nova situación provoca a emerxencia de diferencias que con Milosevic permanecían máis ocultas. O actual goberno …

Ríos Leer más »

A larga man de Putin elimina a Rutskoi

Apartados xeográficos Rusia ARCHIVO
Alexandre Rutskoi, vicepresidente de Rusia ata o outono de 1993, destituído por Ieltsin mentres se aliaba co checheno Ruslán Jasbulatov, na altura Presidente dun Parlamento que sería reducido a canonazos sen contemplacións, podería ter rematado a súa dilatada carreira política. Gobernador nos últimos anos da rexión de Kursk, Alexandre Rutskoi foi obrigado a retirarse da …

Ríos Leer más »

Bush ou Gore ¿tanto ten?

Apartados xeográficos Estados Unidos ARCHIVO
Vivimos as eleccións americanas como se formasemos parte da súa república imperial. A xeito da romana, pero sen edicto de Caracala, é dicir, sen cidadanía para as "provincias", o que non nos libra dos efectos das decisións adoptadas en Washington. O futuro do 95,4 por cento da poboación mundial que non é súbdito estadounidense depende …

Ríos Leer más »

Nobel

Apartados xeográficos Asia ARCHIVO
Desta vez, a Academia sueca mirou cara Asia, o continente do futuro. Primeiro foi Gao Xingjian, na Literatura; despois Kim Dae-jung, na Paz. En ambos os dous casos hai un pouso agridoce. A elección de Xingjian é contestada ata polos propios círculos literarios. Habida conta que se trata dun exiliado naturalizado francés, é un Nobel …

Ríos Leer más »

América na nosa acción exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARCHIVO
Liñas de investigación Paradiplomacia
O Presidente da Xunta, Manuel Fraga, inicia unha nova viaxe a Arxentina e Uruguai. A iniciativa enmárcase na liña dos contactos habituais do goberno galego con América Latina, se ben cun lixeiro aditivo sentimental: son os mesmos países que visitou en novembro de 1990, na primeira xira efectuada pola rexión, a uns meses da toma …

Ríos Leer más »

Máis mandato para Kwasniewski

Apartados xeográficos Europa ARCHIVO
Tal como anunciaban as enquisas previas, Aleksander Kwasniewski gañou as eleccións presidenciais convocadas o domingo último en Varsovia. A superación do cincuenta por cento dos votos emitidos, cun nivel de participación do 62 por cento, evitoulle a segunda volta. Walesa roldou o 1 por cento. Se ben longamente anunciado, o trunfo de Kwasniewski confirma as …

Ríos Leer más »

Días contados

Apartados xeográficos ARCHIVO Balcáns
A complexa situación política iugoslava permite aventuar unicamente conxeturas. A oposición comezou unha campaña de desobediencia civil para forzar a Milosevic a admitir a súa derrota e evitar a segunda volta. O Presidente iugoslavo conta no seu haber coa experiencia das protestas contra o fraude electoral en 1996, pero non lle resultará doado manexar a …

Ríos Leer más »

Compás de espera en Beli Dvor

Apartados xeográficos Balcáns ARCHIVO
A primeira volta das eleccións presidenciais, lexislativas e municipais celebradas en Iugoslavia o pasado 24 de Setembro saldouse cunha clara derrota do réxime. A seis meses de cumprirse o seu mandato, Slobodan Milosevic, decidiu adiantar uns comicios nos que moi poucos poderían aventurarlle a derrota. Soamente unha táctica equivocada da oposición podería ofrecerlle en bandexa …

Ríos Leer más »

A minúscula Córcega revoluciona o Estado francés

Apartados xeográficos Nacionalismos ARCHIVO
O proxecto de Jospin divide á sociedade gala A proposta de Lionel Jospin de recoñecer unha autonomía limitada para Córcega levanta numerosas bochas en Francia. Nas últimas semanas proseguiron as detencións e investigacións xudiciais en medios nacionalistas para esclarecer algunhas causas pendentes, mentres que a derrota de José Rossi, presidente da Asemblea corsa e portavoz …

Ríos Leer más »

Colombia en Plan de paz

Apartados xeográficos América Latina ARCHIVO
Colombia é sinónimo en todo o mundo de narcotráfico e violencia. Non se trata dunha imaxe "fabricada" polos medios. As organizacións humanitarias falan duns 25.000 mortos por ano a consecuencia do conflicto civil e preto de 1.300.000 desprazados dende 1985, unha cifra a todas luces desmesurada e que da conta da gravedade do conflicto interno …

Ríos Leer más »