Xunta Directiva : Vinculación

IMG 20251027 222259

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Con experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar. É Doutora en Economía pola Universidade de Vigo, con mención Cum Laude e especializada […]

Coloret Ler máis »


Artigos de Coloret, Patricia

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

A Diplomacia dos Océanos tras o Fito do BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) da ONU: Unha Gobernanza Azul en Alta Mar?

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento
Despois de máis de dúas décadas de complexas negociacións, o pasado 17 de xaneiro de 2026, entrou en vigor o comunmente chamado Tratado Global dos Océanos ou Acordo BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) de Nacións Unidas. Para o secretario xeral, António Guterres, trátase dun fito histórico para o océano e o “multilateralísimo”.
antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions

Alejo Ler máis »


Artigos de Alejo, Antonio

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

A xeopolítica do algoritmo

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A xeopolítica xa non se analiza en mapas de papel nin se define exclusivamente a partir do control dos estreitos marítimos ou os xacementos de cru. Na segunda década do século XXI, a política global é dixital, polo cal é necesario examinar como esa dixitalización modifica o tempo e o espazo da política contemporánea.

Thinking about intermediate and small cities with a global scope from A Coruña

Liñas de investigación Paradiplomacia
Inspired by Sustainable Development Goal 11 (Sustainable cities and communities) and Goal 17 (Partnerships to achieve the goals) of the 2030 Agenda, this note reflects on how Intermediate and small cities have their own characteristics and capacities to fulfill a global role in a global context in which cities assume a relevant role in the various global agendas (climate change, development, among others).To reflect on this, here we highlight how networking and collaboration between economic and cultural agents contribute to the external projection and territorial appeal of a city like A Coruña.

Thinking about intermediate and small cities with a global scope from A Coruña

Liñas de investigación Paradiplomacia
Inspired by Sustainable Development Goal 11 (Sustainable cities and communities) and Goal 17 (Partnerships to achieve the goals) of the 2030 Agenda, this note reflects on how Intermediate and small cities have their own characteristics and capacities to fulfill a global role in a global context in which cities assume a relevant role in the various global agendas (climate change, development, among others).To reflect on this, here we highlight how networking and collaboration between economic and cultural agents contribute to the external projection and territorial appeal of a city like A Coruña.

Thinking about intermediate and small cities with a global scope from A Coruña

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Inspired by Sustainable Development Goal 11 (Sustainable cities and communities) and Goal 17 (Partnerships to achieve the goals) of the 2030 Agenda, this note reflects on how Intermediate and small cities have their own characteristics and capacities to fulfill a global role in a global context in which cities assume a relevant role in the various global agendas (climate change, development, among others).To reflect on this, here we highlight how networking and collaboration between economic and cultural agents contribute to the external projection and territorial appeal of a city like A Coruña.

Pensando as cidades intermedias de alcance global dende A Coruña

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Inspirada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 11 (Cidades e comunidades sustentables) e 17 (Asociacións para acadar os obxectivos) da Axenda 20230, esta nota reflexiona sobre cómo as cidades intermedias teñen as súas propias características e capacidades para cumprir un papel global nun contexto global no que as cidades asumen un papel relevante nas diversas axendas

As persoas en movemento e a construción dun inimigo global

Apartados xeográficos Outros
Ao elaborar esta reflexión sobre o actual momento da migración no mundo, nunha contorna global, xurdiu a nivel internacional, a expansión do novo coronavirus. Ante este fenómeno de saúde global, as narrativas que ofrecen solucións estado-nacionais para atender a devandita pandemia, lévannos a pensar na intensificación e normalización de miradas que asumirán que “Primeiro o

Universidade e Persoas Refuxiadas en Santiago de Compostela

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento
A situación contemporánea das persoas que buscan protección internacional por desprazamento forzado xera novos desafíos sociais e institucionais para garantir a convivencia harmónica entre comunidades locais e aquelas que buscan refacelas súas vidas en Europa. Ante isto, as cidades son nodos centrais para procesar axendas como os Pactos Globais para a migración e o refuxio.

Primeiro, meu país!

Apartados xeográficos Outros
Wendy Brown afirmou que "Asociar ao estranxeiro coa diferenza e o perigo é tan antigo como a comunidade humana" ¿Hai unha especificidade contemporánea nesta asociación? Neste texto asúmese que si. Recórrese ao “nativismo” para explorar a lóxica sociopolítica que explota a idea: “Primeiro, meu país” coma sentimento de grandes grupos de nativos que atopan nesa idea
Daniel Prieto 300x300 1

Prieto de Andrés

Nado en 1998, estudou o Grado de Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela ata o ano 2021. Interesado en Europa do Este e o espazo postsoviético presentaría ese mesmo ano, o seu Traballo de Fin de Grao titulado “Crise en Europa: os casos de Crimea e Donbas”. Actualmente atópase estudando

Prieto de Andrés Ler máis »


Artigos de Prieto de Andrés, Daniel

“It´s the unity, stupid”

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Trala publicación dos resultados oficiais das eleccións parlamentarias polacas que daban a vitoria á oposición pro-europea, dous meses despois, Donald Tusk consegue formar un Goberno de coalición e toma de novo o poder coma Primeiro Ministro da República de Polonia.
Silar-Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0

Un cambio en Polonia

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Tras dúas eleccións parlamentarias consecutivas obtendo maioría absoluta, o partido ultra-conservador PiS (Prawo i Sprawiedliwość; Lei e Xustiza en galego) volvería a gañar as eleccións parlamentarias en Polonia, iso sí perdendo a maioría no Sejm, a Cámara baixa polaca. A perda destes 41 asentos abrirá a posibilidade á oposición polaca de formar un Goberno alternativo no Parlamento que terá que convivir cunha Presidencia do Goberno que seguirá dirixida por PiS ata as eleccións presidenciais do ano 2025.
Fonte; Axencia EFE

Unha Polonia inesperada

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Un 5 de febreiro de 2022 chegaría a Polonia para comezar unha nova etapa na miña vida. O único que sabía con seguridade cando saín da Coruña e cheguei a Poznań era que me agardaban 12 meses traballando como voluntario nunha Organización Non Gobernamental local. O resto eran incertezas, as que sen dúbida estaba disposto ir coñecendo durante o longo camiño, se non, non tivera saído da miña casa.

Agora e sempre

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Paradiplomacia
O conflito, segundo o politólogo surcoreano Ho-Won Jeong (1) é unha forma intensa de competición, entendendo o mesmo como algo inherente á esencia do comportamento humano e polo tanto, inevitable. En referencia a esa competición, sinala que a pesares de ser ambos conceptos comparables, non supoñen o mesmo, mentres que na competición, os actores loitan por conseguir uns obxectivos a partir dunhas normas e regulamentos marcados; o conflito supón conseguir eses obxectivos nun contexto de anarquía onde danar ou destruír ao adversario son opcións válidas para chegar ao obxectivo marcado.

Donbas

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Fronte a Crise de Crimea, onde puidemos presenciar unha ocupación dun territorio de xeito “pacífico” e unha anexión a outro país como foi neste caso á Federación Rusa, a cuestión do Donbas é moi diferente. Nun primeiro momento, trala destitución de Yanukovich, as protestas irían en aumento, claramente vinculadas ao apoio social e electoral que

Os pequenos homes verdes

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O territorio coñecido como Crimea corresponde á rexión peninsular situada na costa Norte do Mar Negro. Este territorio atópase rodeado na súa maioría polo Mar previamente nomeado Mar de Azov, ao Nordeste. A nivel administrativo a península de Crimea pertence ao oblast ucraíno coñecido como Kherson, ao que está conectado xeograficamente a través do istmo

Ucraína, entre Rusia e a Unión Europea

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O día 21 de novembro de 2013 o Goberno ucraíno, co presidente Viktor Yanukovich á cabeza, asinaría un decreto polo que os preparativos para a firma do Acordo de Asociación entre o país eslavo e a Unión Europea (UE) quedaban suspendidos.
christoph presidente

Schreinmoser

Xurista bávaro nado en 1996. Director do IGADI e profesor axudante doutor de Dereito internacional público e Relacións internacionais na Universidade da Coruña. Doutor en Dereito pola mesma universidade, completou a súa formación nas universidades de Múnic, Verona, Passau e Santiago de Compostela. O seu traballo aborda o Dereito internacional contemporáneo desde unha perspectiva crítica,

Schreinmoser Ler máis »


Artigos de Schreinmoser, Christoph

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Multipolaridade: un mundo en conflito

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Quen le, nestes meses, artigos sobre a actualidade internacional non pode evitar atoparse cun termo: a multipolaridade. Con este concepto, explicativo pero tamén cualificativo, descríbese o estado actual do noso planeta, que semella anunciar un mundo novo e, ao tempo, recuperar dinámicas ben coñecidas. Pero que significa realmente que esteamos perante unha sociedade internacional multipolar?
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Galicia perante un mundo inestábel

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Relacións Internacionais Paradiplomacia
O mundo do ano 2026 é un mundo complexo. A fragmentación xeopolítica, o cuestionamento das institucións multilaterais e un transaccionalismo crecente nas relacións entre Estados configuran un escenario inestábel e volátil. Se ben non é unha tendencia nova, a segunda presidencia de Donald Trump non fixo senón acelerar o desmantelamento do mundo de posguerra.

Galiza no mundo: 35 anos de análise crítica dende o IGADI

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O mundo, e as relacións internacionais, experimentaron transformacións profundas dende 1991. A chamada orde liberal internacional, baseada no respecto ao dereito, no multilateralismo e no (neo)liberalismo económico, baixo a hexemonía dos Estados Unidos de América, atópase en crise. O escenario internacional multipolar de 2026 é máis complexo, fragmentado e marcado pola intensificación das tensións xeopolíticas entre grandes e potencias rexionais, combinado cun crecente desprezo polo dereito internacional.
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Activar a acción exterior galega: a necesidade de artellar unha política pública de país

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Un contexto internacional crecentemente complexo A actual transición xeopolítica global está marcada por unha crecente fragmentación da orde internacional, a crise do multilateralismo liberal, a competencia estratéxica entre grandes potencias e a emerxencia de novos actores subestatais e transnacionais con capacidade crecente de proxección exterior. A guerra en Ucraína, a rivalidade sistémica entre Estados Unidos
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Nun contexto internacional marcado pola fragmentación xeopolítica, a crise do multilateralismo clásico e o aumento das tensións entre grandes potencias, as dinámicas da acción internacional están a experimentar profundas transformacións. A redefinición da orde internacional liberal, a crecente competencia estratéxica entre Estados Unidos e China ou a emerxencia de novos espazos de rivalidade económica, tecnolóxica e política están configurando un escenario crecentemente complexo e inestable. Neste marco, rexións, cidades, universidades, redes transnacionais ou comunidades culturais e lingüísticas poden desempeñar un papel crecente como actores complementarios das políticas exteriores tradicionais dos Estados.
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O ano 2025 marcou un punto de inflexión no conflito en Gaza. Case dous anos despois do inicio da ofensiva militar israelí tras os ataques de Hamás do 7 de outubro de 2023, e o xenocidio contra o pobo palestino cada vez máis aberto, o 9 de outubro de 2025 Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo que abriu a porta a un novo proceso político impulsado polos Estados Unidos. Este acordo constitúe a primeira fase do chamado Plan Integral do Presidente Donald J. Trump para pór Fin ao Conflito de Gaza, presentado oficialmente como unha folla de ruta cara a unha “paz sólida, duradeira e eterna”.
15 de xaneiro de 2026, o presidente Donald Trump recibe como agasallo a medalla do Premio Nobel da Paz concedida a María Corina Machado no Despacho Oval da Casa Branca. Fonte: White House

Que paz premia o Nobel?

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento
O 9 de xaneiro de 2026, o Instituto Nobel viuse obrigado a emitir unha aclaración pouco habitual: unha vez concedido, o Premio Nobel da Paz non pode ser revogado, compartido nin transferido. O comunicado chegou despois de que a galardoada política venezolana María Corina Machado suxerise publicamente que podería ofrecer o seu premio a Donald Trump trala intervención militar ilegal dos Estados Unidos en Venezuela o 3 de xaneiro de 2026. O episodio condensou a controversia que rodea o Nobel da Paz de 2025 desde o seu anuncio e puxo de manifesto, con especial nitidez, a tensión entre a autoridade simbólica do galardón e os usos políticos aos que se ve sometido.

Paz desigual: o plan de Trump perpetúa o colonialismo sobre Palestina

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O pasado xoves, 9 de outubro de 2025, case dous anos despois do inicio da incursión militar de Israel en Gaza, Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo. Agardamos que este pacto poña fin ao xenocidio en curso e alivie, cando menos, o desastre humanitario na Faixa. É, sen dúbida, un paso necesario, mais só pode ser iso: o primeiro dun camiño que debería conducir a unha paz duradeira e xusta. Con todo, semella —ao noso ver— pouco probábel que o plan proposto polo presidente estadounidense Donald Trump, do que este alto o fogo sería apenas a primeira fase, poida conseguilo. Máis que un camiño cara á paz, o plan preséntase como unha nova capa na longa historia de sometemento colonial de Palestina. Vexamos por que.
Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é o Secretario do IGADI e coordinador da Liña de análise e investigación en Economía. É profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización e doutor en Economía e Empresa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É membro do Grupo POSMARK e do IDEGA. É Director do Diploma

Sande Veiga Ler máis »


Artigos de Sande Veiga, Diego

Hands giving and receiving Indonesian rupiah in an envelope, symbolizing financial transaction.

Canto custa socialmente a corrupción?

Liñas de investigación Economía
Despois da vivenda, as enquisas sitúan á corrupción como segundo dos grandes problemas do noso país. Mais, que se entende por corrupción? A RAE define o termo como a práctica consistente na utilización indebida ou ilícita das funcións dunha organización -pública ou privada- en proveito dos seus xestores. A esta achega, a RAG engade algúns sinónimos como descomposición, gangrena ou depravación. Se facemos a consulta do termo nos motores de procura máis empregados, os algoritmos acaban por ofrecer unha definición certamente intelixible -desviación de poder que procura obter beneficios persoais, afectando gravemente ás institucións e á cidadanía- mais que obvia deliberadamente calquera alusión explícita ao sector privado. Será que o algoritmo creado por grandes magnates tecnolóxicos transmite indirectamente que o fin xustifica os medios cando se trata de enriquecemento privado? En todo caso, sempre poderán trasladar a responsabilidade, por acción ou omisión, ao sector público.
Robotic arms in action within a modern industrial control room setting, showcasing technology and production.

Innovar, en que?

Liñas de investigación Economía
O verbo innovar é con frecuencia empregado como palabra comodín con certa lixeireza para referir calquera tipo de cambio, mellora, ou emprego da tecnoloxía, perdendo con isto a precisión do seu significado. Así, este verbo e as súas derivadas, coma o substantivo innovación ou o adxectivo innovador, son habitualmente repetidos en discursos, plans de empresa e de organismos públicos, no ámbito académico e, incluso, como atributos persoais, sen aportar un valor real ou medible ao discurso.
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX 2025-2029): Avances, límites e retos para un contexto internacional complexo

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) 2025-2029 constitúe un paso relevante na consolidación da acción exterior como política pública estruturada en Galicia. O presente artigo ofrece unha análise crítica da EGAEX, destacando aspectos positivos e limitacións en concreción estratéxica, capacidade executiva e adaptación ao novo contexto da economía internacional.
gmc, gmc pd4501, greyhound, america, collect, leisure time, hobby, modelling, model cars, transports, traffic, buses, antique car, greyhound, greyhound, greyhound, greyhound, greyhound, buses, buses

Monopolios, concentración sectorial e precariedade

Liñas de investigación Economía
O transporte en tren é fundamental a nivel estatal, e en Galicia vertebra o Eixo Atlántico, iso si, en agarda da unión en condicións co Norte de Portugal, que demora hai décadas polo centralismo de Madrid e Lisboa. Pero se hai un transporte que é relevante hoxe en día en Galicia a nivel de vertebración do territorio por causa do espallamento de núcleos de poboación, ese é o autobús, especialmente en ausencia dunha rede funcional de proximidade ferroviaria. Ata hai relativamente poucos anos, o sector do transporte en autobús estaba caracterizado por ser un sector moi atomizado, o que permitía conectar parte dos núcleos rurais con certa independencia respecto doutros traxectos interurbanos. Ademais, o modelo de pequenas empresas permitía fixar poboación e crear valor noutras localidades diferentes das cidades, certo que ás veces a custo de perder certa eficiencia económica. Mais nos últimos anos foise producindo no sector do transporte en autobús unha concentración do mercado pola vía de transmisións de titularidades, compras ou fusións, que foron expulsando do mercado ás empresas pequenas e medianas. Ademais, as licitacións e conformacións de unións temporais de empresas foron favorecendo estas dinámicas.
A web developer working on code in a modern office setting with multiple devices.

Balizas para a innovación das empresas galegas en 2026

Liñas de investigación Economía
Desde o primeiro día de xaneiro de 2026 a Dirección Xeral de Tráfico considera obrigatorio o emprego das novas balizas V16. Estas luces de emerxencia obrigatorias emiten unha luz amarelo auto en 360º, cunha potencia de entre 40 e 700 candeas e que as fai visibles a un quilómetro de distancia. O orixinal deste dispositivo é que aos 100 segundos de activación, transmite a tráfico a súa xeolocalización e emite ese sinal cada  100 segundos para que a DXT saiba en que punto se localiza o vehículo detido. Claro, se atendemos á definición da RAG, unha baliza é un sinal destinado a guiar o tráfico indicando os puntos ou ruta a seguir ou evitar.

A Guera de Irán: Arxelia, efecto bolboreta e multilateralismo

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais Economía
As razóns permanentemente cambiantes e non baseadas en feitos constrastados levan a que ninguén poida hoxe explicar con seguridade cales son os motivos reais da actual guerra en Irán. Mentres, Israel bombardea ao Líbano, gañando terreo no sur do país. Estamos tamén na véspera do vindeiro cumio en Beijing entre Xi Jinping e Donald Trump. Este último, semella perdido nunha fuxida cara adiante cuxo único aliado é Netanyahu. A falta de recuperación da economía norteamericana, acompañada pola perda de popularidade interna dos republicanos, xunto á publicación dos papeis de Epstein e as próximas eleccións estadounidenses de metade de período pairan no horizonte. Mentres todo isto acontece, os civís iranianos e libaneses deben soportar o medo e as agresións externas, e o resto do mundo a escalada da inflación. Ninguén no seu san xuízo pode defender a violencia asimétrica sobre a poboación como medio para impoñer un discurso.
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Perspectivas da economía mundial e Galicia para 2026

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais Economía
O ano 2026 presentábase de inicio como un exercicio de transición: nin estamos xa na fase máis aguda das crises acumuladas dos últimos quince anos, nin se pode falar dunha estabilidade plena. Pero a economía internacional móvese nun equilibrio fráxil entre a recuperación, a fragmentación xeopolítica e a transformación estrutural. Proba diso son os recentes acontecementos en Oriente Medio. Ata o comezo da guerra ilegal de Irán, impulsada polo binomio Trump-Netanyahu, albiscándose un horizonte económico de recuperación en Europa. Non obstante, a escalada dos prezos do petróleo ameaza con estender unha mancha negra no horizonte a curto e medio prazo. A duración deste conflito -ou outros derivados que puidesen xurdir- marcará a evolución económica no presente exercicio. Mentres tanto, podemos sinalar algunhas tendencias na economía global.
banner, usa, trump, first, america, flag, world power, leadership, leading position, alliance, united, donald trump, stars, politics, patriotism, strip, future, statement, trump, trump, trump, trump, trump, donald trump, donald trump, donald trump

Trump Vs Adam Smith… E Nós?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Economía
Non todos os 9 de marzo se cumpren 250 anos da publicación dunha das principais obras de economía en toda a historia da humanidade, pero iso si acontecerá o próximo día 9. Nese mesmo día de 1.776, Adam Smith publicaba o libro titulado “Unha investigación sobre a naturaleza e causas da riqueza das naciones” (An
atomium, brussels, benelux, architecture, travel, tourist, europa, outdoor, skies, steel, cloud, blue, belgian, belgium, bruxelles, building, city, cityscape, european, exhibition, europa, europa, europa, europa, europa

O “Plan Desarme Social” e os Fondos Europeos para Defensa

Apartados xeográficos Europa
A antiga orde bipolar do mundo propia da Guerra Fría foi dando a paso a unha orde unipolar pilotada desde os EEUU. Sen embargo, o desenvolvomento económico das economías asiáticas e europeas froito da deslocalización das cadeas globais de valor foi dando paso progresivamente a unha nova recomposión do taboleiro mundial en forma de multilateralismo.
tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito

Santiago Ler máis »


Artigos de Santiago, Tino

Un debate aprazado

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Unha das principais novidades nas próximas eleccións galegas é que o voto da diáspora pode volver ser decisivo. No 2024 xa non haberá ‘voto rogado’. Os electores no estranxeiro non van ter que facer ningunha xestión especial para poder participar nos comicios. Pode que volvamos a cifras de participación semellantes ao 2009, cando votou unha terceira parte do censo exterior; cifras que contrastan coa participación nas do 2020 cando só exerceron este dereito 5.726 galegos dos case 500.000 censados no estranxeiro, é dicir o 1,24%. Alfonso Rueda sábeo ben e, desde o verán pasado, cada semana, polo menos un membro do Goberno estivo de viaxe entre os votantes no exterior.

A delegación de Bos Aires

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO
Di o goberno que a sede da delegación en Bos Aires é un dispendio e que por iso se a vai levar ao Centro Galicia. Non teño o gusto de coñecela pero non me custa crelo. Non só porque tendo a pensar que o goberno adoita dicir a verdade, senón porque coñezo a capacidade de

España e a guerra

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
  Estes cambios na dirección da guerra poden ser unha oportunidade para Europa ou converterse nun paso máis cara á irrelevancia internacional da Unión Europea. Se España e o resto dos estados europeos limítanse a ir retirando as súas tropas cada un polo seu lado, os Estados Unidos confirman a súa idea de que os

Non é un mundo para nenos

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO
  Curiosamente, 27 anos despois, cando o noso sistema político conta con medios e recursos inimaxinables a principios dos oitenta, o grave incidente nuclear protagonizado a principios de febreiro entre un submarino nuclear británico e outro francés pasó case desapercibido. Que nos pasou? [Foto: O submarino nuclear francés Le Triomphant, que colisionou co británico HMS

A acción exterior: A modo de conclusión

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO
  Se cremos que os programas son a base das políticas futuras, para PP, PSdeG ou BNG a existencia da Unión, como debe ser, que límites debe ter, escapa á reflexión electoral. [Foto: Os 27 países da Unión Europea sobre o Globo terrestre].   "A modernización e ou cambio social en Galicia non será posible,

A acción exterior nos programas electorais: PP

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO
  O programa do PP fai unha achega singular, discutible pero nova: a "Comunidade de Traballo" pasaría a ser unha especie de "Asamblea" singular que incluiría aos municipios do "Eixo Atlántico", universidades, patronais e sindicatos, etc, superando deste xeito as carencias da Rexión Norte. A recentemente creada "Agrupación Europea de Cooperación" converteríase no brazo executivo,

A acción exterior nos programas electorais: BNG

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO
  O programa para o 2009 do Bloque contén numerosas referencias para a súa promoción exterior pero este esforzo vese lastrado por abandonar a extraordinaria análise sobre o audiovisual incluído no programa de fai 4 anos. [Foto: Capa do programa electoral do BNG].   Santiago, novembro de 2008. Conferencia do president Jordi Pujol. O vicepresidente

A acción exterior nos programas electorais: PSdG-PSOE

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO
  A "Fundación Galicia-Europa" parece que vai ser a principal ferramenta da Acción Exterior socialista. As súas competencias serían ampliadas e estendería as súas actuacións a (sic) Asia e Iberoamérica. Como volve aparecer a creación da "Delegación da Xunta de Galicia" en Bruxelas, haberá que supor que a "Fundación" pasará a ser algo distinto ou

Informe, para hoxe, do 2025 (e II)

Apartados xeográficos ARQUIVO Outros
  Todos os escenarios e datos deste artigo están baseados no informe "Gobal Trends 2025: A Transformed World", do Consello Nacional de Intelixencia do Goberno dos Estados Unidos, e dos informes do Instituto Galego de Estatística (IGE). [Foto: Ilustración do informe "Gobal Trends 2025: A Transformed World"].   Marzo de 2025, segunda parte do informe
marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de

Padin Novas Ler máis »


Artigos de Padin Novas, Marola

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

China a cabalo dunha nova etapa de consolidación internacional

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
No último ano, China consolidou a súa posición como un dos actores centrais do sistema internacional. A evolución da súa economía, a súa crecente influencia no chamado “Sur Global”, a rivalidade estratéxica con Estados Unidos e o seu papel nas institucións internacionais configuran un escenario dinámico para a gobernanza global. Neste contexto, o papel de China na política internacional durante os últimos tempos pode entenderse como o intento de equilibrar tres obxectivos: manter o crecemento económico, expandir a súa influencia xeopolítica e xestionar unha relación cada vez máis competitiva coas potencias occidentais.

Dunha crise, nace unha oportunidade (ou varias)

Apartados xeográficos Outros
Que a saúde é o primeiro non o dubidaba ninguén (ata o de agora). É unha máxima atemporal indiscutible e ubicua no imaxinario da sociedade internacional, sen saúde a morte é o único desenlace. A pesares de tan clara sentencia, diversos liderados políticos arredor do mundo antepoñen o beneficio económico curtopracista á prevención, investimento en

Galicia-China, un binomio con forza. A acción exterior de Galicia e as relacións con China

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
De Occidente a Oriente, as relacións con Asia non son novas. En 1522 fundábase a Casa da Especiaría na Coruña e, aínda que de curta duración, supuxo un exemplo de tesón, influencia e a necesidade dos nobres galegos, especialmente Fernando de Andrade, de crear as súas propias canles para acadar o mercado das especias e

Corrupción en China: La otra cara del milagro económico y la sombra que envuelve el cambio político

Apartados xeográficos China e o mundo chinés ARQUIVO
1. INTRODUCCIÓN El grado de penetración de la corrupción varía mucho según el país de que se trate. Sin embargo, cabe hacer una distinción importante entre los países donde es endémica (allí la corrupción es rutinaria, constituye la regla y no la excepción) como en la República Popular China y aquellos en los que es

Población flotante, sistema inmóvil

Apartados xeográficos ARQUIVO China e o mundo chinés
En la China del siglo XXI, el sistema del hukou (户口 o huji 户籍) ha quedado caduco. En el marco de las reformas económicas iniciadas a finales de los años 70, la abundante mano de obra ha jugado un papel fundamental. Sin embargo, las restricciones derivadas del denominado sistema de registro familiar o hukou han

China y el VIH/SIDA: el contagio de la razón

Apartados xeográficos China e o mundo chinés ARQUIVO
El pasado 27 de abril el gobierno chino anunció que derogaría la normativa por la que se impedía la entrada al país de extranjeros con VIH/SIDA, enfermedades de transmisión sexual y lepra, vigente desde hace 20 años.                          La medida fue elogiada por muchos.  La secretaria de Estado de EEUU, Hillary R. Clinton, afirmaba que

Foxconn: mecanización del trabajo, alienación humana

Apartados xeográficos China e o mundo chinés ARQUIVO
Foxconn es una empresa vinculada al Grupo Hon Hai, un gigante de la electrónica con sede en Taiwán que fabrica ordenadores, consolas de videojuegos y teléfonos móviles para multinacionales como Hewlett-Packard, Sony, Nokia y también Apple. La empresa se encuentra en el centro de la atención mediática debido al número de muertes por suicidio que

Oscurantismo “rojo” a la luz del día

Apartados xeográficos China e o mundo chinés ARQUIVO
Más supervisión y menos oscurantismo. Esta máxima debe ser la meta que la Comisión Central de Control Disciplinario (CCCD) pretende alcanzar, no siempre con resultados satisfactorios, el Partido Comunista de China (PCCh). En la provincia meridional de Guangdong, al sureste de China, los máximos funcionarios de las organizaciones del gobierno y del Partido Comunista de
xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.

Ríos Ler máis »


Artigos de Ríos, Xulio

SAIC con C de Castedo

Galicia e China non comezan a coñecerse coa chegada dos investimentos do século XXI. Eses proxectos aséntanse sobre unha historia máis longa de curiosidade intelectual, respecto mutuo e cooperación. Hoxe, a memoria de José Castedo Carracedo (1914-1982) pode inspirar unha nova etapa na que a colaboración industrial e tecnolóxica se apoie tamén nun coñecemento recíproco máis profundo.

De Don Ramón a Don Plácido

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
As relacións entre Ramón Otero Pedrayo e Plácido Castro constitúen unha das mostras máis expresivas da fonda cohesión humana e intelectual que caracterizou o galeguismo histórico. Mantida ao longo de varias décadas, sobreviviu ás distancias físicas, ás dificultades políticas e ás circunstancias persoais, conservando sempre un fondo de admiración mutua e de amizade sincera que se manifesta tanto na correspondencia como nas dedicatorias que ambos se intercambiaron.

Facerlle a pelota a Trump

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Como o Nobel da Paz segue resistíndose, sempre aparece alguén disposto a cubrir o baleiro. Desta vez tocoulle á FIFA. O seu presidente, Gianni Infantino, decidiu distinguir a Donald Trump cun premio da paz, demostrando unha vez máis que, en determinados despachos, o servilismo institucional segue gozando de excelente saúde.
Peng Liyuan, Xi Jinping, Donald Trump e Melania Trump na entrada de Mar-a-Lago, abril de 2017

Que gaña China nesta guerra?

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
A China espántalle a inestabilidade. De Lao Zi a Confucio, pasando por Sun Zi, a guerra non só non é desexable, senón un recurso lamentable e excepcional. A sabedoría chinesa está inzada de advertencias directas, mesmo viscerais, contra o belicismo, configurando unha tradición estratéxica que sitúa a harmonía no cumio dunha orde social asentada na concordia como principio reitor do pensamento clásico.
Áreas residenciais en Sanandaj (Irán) Fonte: Tasnim News Agency

Irán en clave Tucídides

Apartados xeográficos Oriente Medio Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Son moitas as causas que se citan para intentar comprender as razóns que inspiran o ataque dos EEUU e Israel contra Irán. E resulta cada vez mais evidente que a angustia imperial estadounidense ante o temor á perda da hexemonía global fronte a China é a causa principal. Todos os camiños conducen a Beijing. Dende a disciplina hemisférica aplicada sen miramentos a América Latina ata Groenlandia pasando agora por Oriente Medio, a necesidade de frear a influencia do xigante oriental asoma como factor determinante.

China, un Cabalo a galope

Apartados xeográficos Asia
Foi Xu Beihong quen converteu o cabalo chinés nun manifesto político e estético. Xu transformou o cabalo nun símbolo moderno da China, dotado de enerxía, dignidade, resistencia e vontade moral. Os seus cabalos encarnan un ideal ético e tamén estatal. Dominou a pintura tradicional chinesa a tinta, pero incorporou o realismo anatómico occidental, aprendido en Francia, o que lle deu ás súas obras unha forza sen precedentes na pintura chinesa do século XX.
Trump e Xi nun encontro en Florida no ano 2017. Fonte: Wikimedia

O mundo que vén: áreas de influencia?

Liñas de investigación Relacións Internacionais
A brutal agresión imperial do réxime de Donald Trump foi aliñada co hipotético propósito de establecer -e supostamente recoñecer- esferas de influencia exclusivas xunto a outros actores como Rusia e China, os únicos competidores substanciais que, a nivel global, demostran unha firme vontade de exercer a súa plena soberanía.