CAEX : Palabra chave

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Nun contexto internacional marcado pola fragmentación xeopolítica, a crise do multilateralismo clásico e o aumento das tensións entre grandes potencias, as dinámicas da acción internacional están a experimentar profundas transformacións. A redefinición da orde internacional liberal, a crecente competencia estratéxica entre Estados Unidos e China ou a emerxencia de novos espazos de rivalidade económica, tecnolóxica e política están configurando un escenario crecentemente complexo e inestable. Neste marco, rexións, cidades, universidades, redes transnacionais ou comunidades culturais e lingüísticas poden desempeñar un papel crecente como actores complementarios das políticas exteriores tradicionais dos Estados.

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable Ler máis »

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Unímonos ao Día das Letras galegas co Informe Nós No Mundo 25-26: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Coincidindo coas celebracións polo Día das Letras Galegas, o IGADI presenta a edición 2025-2026 do Informe anual Nós No Mundo, publicación que desde 2010 analiza a evolución das políticas públicas de acción exterior de Galicia.

Unímonos ao Día das Letras galegas co Informe Nós No Mundo 25-26: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable Ler máis »

Acción exterior, por Decreto?

A Xunta de Galicia deu a coñecer un Decreto co que pretende regular a acción exterior da Comunidade Autónoma (http://cpapx.xunta.es/normativa-en-tramitacion). Sorprende, de primeiras, que se acuda a un decreto para abordar a regulación desta importante -e controvertida- política pública. Lémbrese que unha dimensión “menor” da acción exterior, a cooperación internacional ao desenvolvemento, foi regulada por

Acción exterior, por Decreto? Ler máis »

A Xunta centra (aínda máis) a acción exterior na economía

Que a Xunta hai tempo que deixou de lado as vertentes política, social e cultural da acción exterior galega para centrarse case exclusivamente na económica era algo sabido. Pero no último mes esa tendencia non só vén de ser avalada implicitamente pola oposición senón que o Goberno galego mesmo pretende plasmala por escrito corrixindo os

A Xunta centra (aínda máis) a acción exterior na economía Ler máis »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia