Kamala Harris : Palabra chave

2025 project

Os dilemas das eleccións estadounidenses

Vibrante democracia ou circo electoral? e canto de cada cousa? A única certeza que temos a día de hoxe é a retirada efectiva de Joe Biden e o incremento das expectativas de Donald Trump tralo intento de asasinato, que xa antes non eran baixas. No debate da sucesión demócrata, poucas ideas sobre a mesa e moita folla de cálculo para reflectir os apoios monetarios. Kamala Harris pode presumir dunha cifra récord de 81 millóns de dólares en doazóns para a súa campaña nas 24 horas posteriores á renuncia de Biden. Só esta dinámica explica que outros nomes cun perfil diferente nin sequera sexan considerados. A vicepresidenta Kamala Harris, antes descualificada por desempeñar un mandato eminentemente gris, é elevada agora aos altares polo coro mediático global como a última esperanza da democracia estadounidense.

Os dilemas das eleccións estadounidenses Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Estados Unidos

Biden

Reinventor do capitalismo, rexenerador da democracia, etc., os cualificativos arredor de Joe Biden, o novo presidente estadounidense, lembran as expectativas iniciais que espertara Barack Obama, con quen tamén se ten comparado, na onda dunha mensaxe mediática que fai táboa rasa con Donald Trump, especialmente fóra dos EUA. Pero, é para tanto? No seu recente discurso

Biden Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Estados Unidos