O IGADI continuou durante o 2021 a desenvolver os cambios iniciados na asociación desde a aprobación no ano 2018 das “Liñas 2021: Un tempo novo para o IGADI e a paradiplomacia galega”. Así as cousas, trala renovación da Xunta Directiva en novembro de 2020, o 2021 normalizou as novas dinámicas de traballo en liña internas e externas, priorizando o seguemento da acción exterior de Galicia e a recuperación e sustentabilidade financeira da entidade trala crise do 2020. O momento máis especial do ano foi sen dúbida a celebración do 30 aniversario da entidade (10 de setembro 1991-2021) e a homenaxe ao noso fundador e Presidente de Honra, Xulio Ríos, o 1 de outubro de 2021, no Consello da Cultura de Galicia.
Sumario
- Presentación
- Documentación e investigación
- Publicacións
- Dinamización Acción Exterior de Galicia
- Rede de Redes
- Actividades e proxectos
- Comunicación
- Cooperación universitaria
- Consello reitor
- Conclusións