IGADI: Memoria de Actividades 2022

IGADI: Memoria de Actividades 2022

O IGADI seguiu a avanzar durante o 2022 da man do documento programático elaborado entre o 2018 e o 2019 “Liñas 2021: Un tempo novo para o IGADI e a paradiplomacia galega”. O documento que serviu de guía para o traballo nos últimos catro anos, achégase ao seu final trala aparición da web nova e multi-idiomas www.igadi.gal o 13 de xaneiro do 2023. Acompañando á aparición da web, o proceso 2019-2022 cimentou tamén a estrutura do IGADI de hoxe, polo que o propio Índice da Memoria anual de actividades evoluciona na edición deste ano…