Pilar Rojo felicita a Xulio Ríos, director do IGADI, co que aborda o traballo “imprescindible” que desenvolve esta entidade desde a súa creación, en 1991
Pilar Rojo felicita a Xulio Ríos, director do IGADI, co que aborda o traballo “imprescindible” que desenvolve esta entidade desde a súa creación, en 1991
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara au director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), Xulio Ríos, que acudiu acompañado por outros dous integrantes do consello reitor desta entidade, Antonio Martínez Puñal e Xulián Maure Rivas.
Os participantes nesta xuntanza pasaron revista aos 20 anos de historia do IGADI, unha entidade independente creada en 1991 e que ten por obxectivo a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección internacional de Galicia.
A presidenta do Parlamento de Galicia felicitou ao director do IGADI polo traballo que desenvolve. “Para cantos aspiramos a edificar unha Galicia universal, perfectamente inserida no conxunto de España e en Europa, o traballo do IGADI resulta imprescindible, ao igual que o seu protagonismo nalgunha das iniciativas de diplomacia parlamentaria auspiciadas pola institución que me honro en presidir”, afirmou Pilar Rojo.