O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI, www.igadi.gal) e a Academia Nacional de Políticas Ho Chi Minh (http://english.hcma.vn/), subscribiron o día 9 en Madrid un acordo de colaboración que permitirá realizar intercambios e investigacións entre as dúas institucións.

Para o director do IGADI, Xulio Ríos, este acordo representa un paso máis na profundización do enfoque que deu vida ao propio IGADI hai 25 anos, isto é, o estudo tras transicións das economías planificadas a economías de mercado. A investigación da “doi moi” ou política de reforma e apertura aplicada en Vietnam, completará os casos xa presentes na actividade do Instituto referidos aos países do antigo socialismo real, Cuba ou China.
O vicepresidente da Academia Nacional de Políticas Ho Chi Minh, Nguyen Tat Giap, salientou a importancia deste acordo, o primeiro do seu tipo en España, para intercambio de experiencias no ámbito das transicións nos respectivos países.
Os asinantes comprometéronse a dotarse dunha axenda de traballo que teña en conta tanto os intereses dos respectivos centros como igualmente a implicación das respectivas sociedades.
No acto participou o embaixador de Vietnam en España, Nguyen Ngoc Binh.