Últimas noticias

Comeza o proxecto “España-China: Asociación Estratéxica para o Coñecemento Mutuo”
O proxecto nace en coherencia co Plan de Acción bilateral acordado en abril de 2025, co obxectivo xeral de reforzar o coñecemento mutuo desde unha perspectiva descentralizada, académica e cidadá. Nos obxectivos específicos, identifícase a produción de coñecemento especializado, o establecemento de lazos España-China, incluíndo a perspectiva iberoamericana, e divulgar o estado das relacións España-China.
O proxecto estrutúrase arredor de dúas grandes liñas de actividade. Por unha banda, a elaboración dunha investigación especializada sobre as relacións España-China no ámbito das comunidades autónomas, cidades, universidades e sociedade civil, baseada na análise documental, fontes abertas e na realización de vinte entrevistas clave, que culminará coa publicación dun informe en abril de 2026.
Doutra banda, celebrarase unhas Xornadas-Programa IGADI TV “España-China: Asociación para o coñecemento mutuo”, un formato dixital innovador de tres horas de duración, previsto para o mes de abril de 2026, que reunirá voces institucionais, académicas e da sociedade civil.
Proximamente anunciarase a data da Xornadas, que dará acceso a un certificado para as persoas que asistan online.

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global
O segundo número semestral do 2025 (xullo-decembro 202) presenta unha Monografía central adicada a dúas crises políticas e epistémicas de actualidade: a da diplomacia e a da gobernanza migratoria actual. Neste marco, achéganse ademais da Editorial da coordenadora do número, seis artigos centrados en escenarios das Américas, analisando o debate das diásporas como actores diplomáticos alternativos, que cooperan con estados, organizacións internacionais, o mundo académico, ONG´s e responsables da política migratoria, entre moitos outros.
Ademais dos seis artigos que conforman o monográfico, Tempo Exterior 51 ofrece tamén:
● Dous artigos na sección de -Miscelanea, un arredor da -Diplomacia cultural e a imaxe de España nos países de lingua portuguesa, e outro arredor da -Securitización da (in)migración en América Latina.
● Un repaso ás relacións UE-Celac, co ollo posto no Cumio de novembro en Colombia, na sección -Eurolatam, resultado do convenio de colaboración coa Fundación Carolina.
● Na sección, –Notas de investigación, sección destinada a investigadoras noveis, o artigo “Vixilancia intelixente baseada en IA versus resistencia civil: un estudo do caso serbio”
● A tradicional sección de recensións de –Libros, que pecha o número.
O novo portal consolida a vocación de Tempo Exterior como espazo académico chamado a conectar Galicia co mundo arredor dos grandes desafíos internacionais, ao tempo que se alinea cos estándares da edición científica en acceso aberto.
Descarrega aquí gratuitamente o número 51 do Tempo Exterior. Se queres subscribirte e ter o teu exemplar físico escribe a info@igadi.gal.
O número conta co apoio publicitario do Concello de Pontevedra e a colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

O IGADI abre 2026 pechando o seu Especial do Ano Castelao: Publicación extraordinaria e programa na IGADI TV o 7 de xaneiro
Coincidindo co 76 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o IGADI presenta “2025, Ano Castelao, Río da Prata quilómetro Cero” que reúne as publicacións especiais publicados durante o 2025 na súa web, entre os que se atopan testemuñas dos representantes do centros galegos impulsores da iniciativa para recoñecer a Castelao como primeiro presidente de Galicia, así como de representantes políticos e especialistas como o fundador e presidente de honra do IGADI, Xullo Ríos, a psicóloga social e gaiteira Adela Fernández Cruz ou o Comandante do Terzo de Galegos, historiador e director do Museo da escola de Náutica de Arxentina, Horacio Vázquez. Así mesmo, inclúe entrevistas a referentes ineludibles como o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Ángel Seixas Seoane, e unha entrevista especial cun persoeiro descoñecido como Juan Carlos Gómez, bedel do Centro Galicia de Buenos Aires que naceu no interior da Arxentina e leva toda a súa vida coidando dos obxectos que Castelao legou ao Centro Ourensán.
Trátase de facer balance do publicado ao longo destes 12 meses dedicados a revisar e honrar a figura do rianxeiro e estudar o legado que aínda queda por descubrir non só na Galicia territorial senón naquelas latitudes que acolleron a constitución do Consello de Galiza fai 80 anos, deron prelo a “Sempre en Galiza” e acompañaron ata a morte a unha das figuras máis destacadas do país. Nestes materias tivemos ocasión de descubrir a multitude de persoas, organizacións e iniciativas que manteñen vivo o legado de Castelao, 76 anos despois do seu pasamento.
Podes descarregar gratuitamente aquí a publicación. Se tes interese en ter un exemplar físico, escribe a info@igadi.gal
Programa especial IGADI TV o 7 de xaneiro
O 7 de xaneiro realizouse un programa especial de peche do Ano Castelao conducido polo Director do IGADI, Daniel González Palau e as investigadoras asociadas Paula Sabajanes, Facundo Reyna Muniaín e Roi Pérez Vila, no que interviron, entre outras persoas, o catedrático emérito Ramón Villares, a eurodeputada Ana Miranda, a exdelegada da Xunta de Galicia, María Xosé Porteiro, a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve; a xornalista Montse Fajardo e representantes de entidades galegas no exterior como Lorena Lores da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina; Alberto Vázquez do Centro Galicia de Buenos Aires, Ezequiel López Padín da Fundación Xeito Novo de Cultura Galega, Jorge Castro da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña ou Xosé Manuel Carril da Federación Galiza Cultura, entre outros. A emisión realizouse en directo a partir das 18,45 horas a través do canal do IGADI TV.

A 4ª edición de “A Coruña Global” volta a DOMUS da man de Yolanda Castaño e Touriñán
Touriñán únese á condución do espectáculo a Yolanda Castaño, que xa foi a presentadora da Gala no 2023.
O evento enténdese como un espazo mixto entre o espectáculo e a reflexión colectiva, para entender os fíos que tecen as conexións da Coruña co mundo do S.XXI. Desta maneira, a actividade contará coa participación presencial e virtual de especialistas na diáspora galega (Arturo Lezcano), cidades globais (Miguel Otero, Real Instituto Elcano) solidariedade (Diego González Rivas), deporte e industria (Sofía Toro)… Haberá grandes sorpresas!
As inscrición son gratuítas e pódense realizar desde a seguinte ligazón.
Todas as actividades enmárcanse no Convenio entre o Concello da Coruña e o IGADI para o ano 2025.
As actividades fan parte do camiño aberto pola Declaración institucional do Pleno do Concello “A Coruña global no mundo do S.XXI” (2019) para reforzar a imaxe internacional e a acción exterior da cidade.
Trala 1ª edición de A Coruña Global, co Ciclo de Coloquios online no ano 2020 e as (2ª ed) Xornadas na Universidade da Coruña do ano 2022, no 2025 dáse continuidade ao formato de Gala estreado no 2023, na 3ª edición de A Coruña Global.
Análise e actualidade
Liñas de investigación 7621
Apartados xeográficos 7621
- ARQUIVO 4322
- China e o mundo chinés 1912
- Latinoamérica 1068
- Europa 951
- Outros 719
- Oriente Medio 569
- Estados Unidos 460
- Acción exterior de Galicia 460
- Asia 378
- África 328
- Rusia 222
- Balcáns 164
- Península Coreana 119
- Nacionalismos 101
- Cooperación ao desenvolvemento 47
A información sobre a realidade nacional e internacional na túa caixa de correo
A newsletter do IGADI infórmate de todas as novos contidos na nosa web

Nós fóra da UNESCO

Dissidências internas

O “Plan Desarme Social” e os Fondos Europeos para Defensa

Galicia no mundo do futuro: Ideas dunha semana co Centro Científico e Cultural de Macau

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero

Macau máis alá do guión: Abrindo a linguaxe e a cultura a través da educación dramática
Rede IGADI

de los Reyes, Marcelo Javier

Alamos, María Eugenia

De Prado, César

Pedreira, Mateo

Larson, Jared D.
Castro Obando, Patricia















