O informe recóllese nunha obra editada e financiada pola Coppieters Foundation que será presentada o vindeiro venres 10 de febreiro ás 20h na Casa das Campás (Universidade de Vigo) de Pontevedra.
O documento, que analiza en perspectiva comparada a proxección global e as políticas de acción exterior de catro gobernos intermedios europeos, Galicia, Illas Aland, Flandres e Greenland, naceu do acordo de colaboración entre a FGS e o IGADI (xaneiro 2021).
No acto intervirá a vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre (FGS), Ana Miranda e as persoas autoras do informe: Daniel González, Serafín Pazos-Vidal, Marola Padín e Tamara Espiñeira.
Podes descarregar o informe da web da Fundación Coppieters, os textos están en galego e inglés.