Tempo exterior Nº 45

Publicamos o número 45 da revista Tempo Exterior: O comercio internacional na pandemia, Latinoamérica

O número 45 da nosa publicación semestral, coordenado por Raquel Isamara León de la Rosa (Universidade de Puebla UAP, México) e Adolfo Federico Herrera García (Universidade de Puebla UAP, México), analiza o impacto socioeconómico da pandemia no mundo, con especial incidencia en América Latina e as relacións coa China. Sae á rede co apoio do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Linguística.

O número conta ademais do monográfico, con textos de miscelánea arredor do envellecemento en Europa ou a integración rexional latinoamericana, así como un artigo de Notas de Investigación aproximándose á diplomacia cultural como obxecto de estudo. O número péchase coas tradicionais recensións de libros.

O número 45 do Tempo Exterior (xullo-decembro 2022), a revista semestral de estudos internacionais do IGADI, está dispoñible na web e subscribíndote e facendo parte da Comunidade IGADI. Continuamos a terceira etapa da revista, que desde o 2020 dirixe Celso Cancela, profesor da Universidade de Vigo, xunto a 6 especialistas do Consello de Redacción das tres Universidades galegas.

Poden ver aquí o índice e descargar o Tempo Exterior 45, que tamén dispón dos textos orixinais en castelán.