Con 25 anos de andaina, a revista semestral do IGADI, Tempo Exterior, é un punto de referencia dos estudos internacionais en Galicia. A revista caracterízase por unha historia e enfoque plural, tematicamente conectado ás liñas de investigación principais do IGADI, contando na súa historia coa colaboración de centenares de especialistas de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego coma internacional.
Tempo Exterior é a única revista de carácter científico e temática internacional editada nunha das linguas cooficiais do Estado, o galego. A súa difusión espállase por España, ademais de a Portugal e a unha ducia de países de América Latina, en boa medida grazas á presenza da diáspora galega e á composición do Consello Científico da revista. Á súa vez, o Tempo Exterior mantén acordos de intercambio con numerosas universidades e centros de estudo de todo o mundo.